Complementarias-Extraescolares

ENTROIDO 2015

O VENRES 20 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO. NON PUIDEMOS SIR POR MOR DO TEMPO, ASÍ QUE FIXEMOS TODAS AS ACTIVIDADES NO PAVILLÓN CUBERTO. DEIXAMOS AQUÍ UN ENLACE CON ALGUNHAS DAS FOTOS.

 

TRASLADO ENTROIDO A 20 DE FEBREIRO

Estimados pais, debido a que as previsións meteoroloxicas de mañá venres 13 de febreiro son adversas e anuncian chuvia abundante dedidiuse suspender as actividades programadas do entroido. Deste xeito haberá clase normal, de 9:10 a 13:50.

O pasarrúas e degustación se aprazan para o vindeiro venres día 20 de febreiro no que a previsión do tempo é boa.

Recordamos que  non hai clase o luns e martes de entroido, nin o mércores de cinza.

 

GAÑADORES CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015

O noso centro gañou o concurso-exposición Letras Galegas 2015 convocado pola Consellería de Educación e Cultura, na categoría de centros de educación infantil e primaria.

Desde o centro creamos un grupo de traballo no que os alumnos realizaron  unha colección de 10 carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas, Xose Fernando Filgueira Valverde titulada "Traballando co vello profesor".  Esta colección de carteis serán imprimidos e distribuídos pola Consellería, acompañada dunha guía didáctica explicativa, en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos da Rede de Dinamización Lingüística e bibliotecas). O centro recibirá ademais un premio en metálico por importe de 2.000 euros.

Máis información neste enlace

MAGOSTO

O luns 10 de novembro pola tarde, dentro do horaio escolar, temos organizada, en colaboración coa ANPA, a celebración do MAGOSTO. Dende a ANPA se solicita que todos os nenos traian unhas dez castañas xa preparadas para asar.

Primeiro realizaremos unha serie de xogos populares cos nenos e finalmente unha media hora antes de sair se degustarán as castañas. Igual que en anos anteriores os pais poden asistir. É importante recordar que unha vez remate a festa os nenos teñen que subir ñas clases e que non se poden ir cos pais antes da hora.

CONFERENCIA MAR ROMERA

O vindeiro venres 31 de xaneiro as 19:30 h. no cine ELMA haberá unha charla a cargo de MAR ROMERA MORÓN, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonicci e especialista en intelixencia emocional, sobre como mellorar a relación cos nosos fillos,  ensinarlles e axudarlles na toma de decisións, os habitos de traballo, a motivación,...

A charlaesta organizada por todos os centros de ensino público e ANPAS da Pobra.

Pensando no alto interese da charla, e que vai dirixida a toda comunidade escolar de A Pobra,co obxecto de facilitar a asistencia, decidiuse realizala no Cine Elma que é o local máis céntrico e co maior capacidade.

                                                                                   

UN LIBRO POR PAULA

EXITO DO MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIOS: UN LIBRO POR PAULA

Cumprironse amplamente os obxectivos propostos:

Fomentar a lectura, mover fondos documentais que non se estaban usando no centro, acercar a biblioteca do noso cole ao resto das casas e sobre todo recadar fondos para Paula, un totral de 900,38 €, máis do que esperabamos . Queremos felicitar aos participantes nesta campaña solidaria. Grazas a todos.

EXPOSICIÓN: EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES

VISITA DOS SECRETARIOS XERAIS PARA O DEPORTE E POLÍTICA LINGÜÍSTICA

O venres 18 de febreiro inaugurouse a exposición de "Educación, Deporte e Valores" composta por 17 paneis que poden pasar a visitar durante a semana do 21 ao 25 de febreiro.

Trátase dunha exposición que vai percorrer diferentes centros da comunidade. O noso centro foi o primeiro en recibila, e con este motivo realizouse a presentación da mesma ante os medios de comunicación. Para este evento contamos no centro con diferentes personalidades como o Secretario Xeral para o deporte José Ramón Lete e o Secretario Xeral de Politica Lingüística Anxo Lorenzo, do xefe provincial de deportes da Coruña e coordinadores do programa de deporte escolar (XOGADE). Por parte do Concello asistiron o Alcalde e concelleiros de deportes e cultura. No seguinte enlace teñen máis información:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar10895.html

http://www.canalriasbaixas.com/content/view/10194/68/

Distribuir contido