CONFERENCIA MAR ROMERA

Enviado por bandaseca o Mar, 28/01/2014 - 11:32

O vindeiro venres 31 de xaneiro as 19:30 h. no cine ELMA haberá unha charla a cargo de MAR ROMERA MORÓN, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonicci e especialista en intelixencia emocional, sobre como mellorar a relación cos nosos fillos,  ensinarlles e axudarlles na toma de decisións, os habitos de traballo, a motivación,...

A charlaesta organizada por todos os centros de ensino público e ANPAS da Pobra.

Pensando no alto interese da charla, e que vai dirixida a toda comunidade escolar de A Pobra,co obxecto de facilitar a asistencia, decidiuse realizala no Cine Elma que é o local máis céntrico e co maior capacidade.