apa

Memoria ANPA 17/18

634 96 41 75/anpabandaseca@gmail.com

 

INTRODUCCIÓN E OBXETIVOS

Tal como indica o Real Decreto 1533/1986, de 11 de Xullo, polo que se regulan as asociacións de pais e nais de alumnos, no seu artigo nº5 unha das súas funcións é colaborar en las actividades educativas de los Centros.

A maioría destas actividades de colaboración entre centro e ANPA están enmarcadas no eido cultural cunha vertente educativa implícita. A suma de esforzos entre os mestres e as familias fai que o achegamento á cultura, o mundo de deporte, e calquera tipo de actividade, sexa moito máis doado e se faga sen esforzo, dun xeito fluído.

Neste curso o centro cumpre 40 anos en funcionamento, e pensamos levar a cabo varias actividades para celebralo, moitas delas serán actividades postas en común co propio centro.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades extraescolares terán este ano un caracter de continuidade das que funcionaron ben o curso anterior, e buscando introducir outras novas que interesen as familias.

Entendemos que parte do noso traballo ten que ser a organización de actividades para poder facilitar conciliación e tamén unha oferta asequible a todas as familias.

Para isto este ano contamos cunha subvención da DEPUTACIÓN de A CORUÑA para o Plan Cultural deste ano, o que facilita a incorporación das familias ás actividades o baixar o custe económico.

As principais liñas de traballo da nosa entidade son tres:

Cultural:

Grupo de teatro.

Musica tradicional.

Biblioteca / Clube de lectura.

Grupo audiovisual e das artes da imaxe.

Artes plásticas.

Divulgación e investigación do noso patrimonio.

 

Deportiva:

Baloncesto

Tenis

Ximnasia acrobática

Baile

Xadrez

Patinaxe

Piscina

 

Novas tecnoloxías:

Robótica

Drones

 

Contamos tamén con actividades transversais a tódalas demáis, como son:

Idiomas: Inglés e francés

Conciliación e igualdade.

Charlas para nenos e/ou adultos.

Alfabetización dixital.

 

Colaboración con outras entidades sociais e culturais

Dende fai xa dous anos existe unha estreita colaboración con outras entidades para poder levar a cabo certos proxectos.

Colaboración ca A.P.A. Cadreche, compartindo actividades para poder levar a cabo unha maior oferta para os rapaces e rapazas.

Colaboración co concello da Pobra do Caramiñal, dende 2016 o traballo conxunto tanto cas concellerías de Igualdade como ca de Cultura. Pendente da firma dun convenio de colaboración co Concello da Pobra para o tema da conciliación (madrugadores e campamentos en días non lectivos).

Colaboración co Club de Baloncesto Santa Baia, Club de Aeromodelismo Furacán, Asociación Cultural Xiada, e outras asociacións e entidades cas que temos intereses comúns.

XESTIÓN DO COMEDOR.

A ANPA un ano máis faise cargo da Xestión do comedor, e para iso temos contrato ca empresa Landeiras Delicatessen.

Prezo:  5€ fixos, 6€ ocasionais. Avisar no mesmo día antes das 11h tanto ó catering 981865134 como no cole

 

** Desconto no segundo irmán (incluíndo os que o fagan en calquera comedor xestionado por Landeiras Delicatessen)

Distribuir contido