O NOSO COLE
Enviado por bandaseca o Mar, 01/03/2011 - 00:42R/Bandaseca s/n; 15940-A Pobra do Caramiñal (A Coruña) tfno: 881866847- e-mail: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal
ENQUISA CONVIVENCIA
Enviado por bandaseca o Mar, 13/04/2021 - 08:58Estimadas familias,
Entre o 12 e o 29 de abril estará operativa unha enquisa da Consellería de Educación, dirixida a toda a comunidade educativa, para analizar o estado da convivencia como consecuencia do impacto da COVID-19.
Esta enquisa a realiza tanto o profesorado e persoal non docente como as familias e o alumnado de 5º e 6º (estes a realizarán no centro escolar).
Trátase dunha enquisa telemática, consta dunhas 15 preguntas e tárdase en cubrir arredor de 10 minutos.
No caso das familias, deben acceder, nesta ligazón https://edu.xunta.gal/convfamil e coa clave que lles facilita no impreso que lles enviamos polos nenos. As enquisas son anónimas e cada familia ten un código diferente xerado ao azar.
A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación das familias.
Un saúdo
A dirección
ADMISIÓN. RESERVA 1º NIVEL
Enviado por bandaseca o Mér, 24/02/2021 - 12:04Rematado o prazo de reserva de praza para 1º de educación primaria no curso 2021/22, resultaron admitidos todos os solicitantes. As listaxes publícanse nos taboleiros de anuncios do centro (dentro do edificio principal) e nos centros de orixe.
O único tramite que terán que realizar é a matriculación en xuño. Informaremos aos centros de orixe cando se abra o prazo.
PLAN DE ENSINO VIRTUAL
Enviado por bandaseca o Ven, 29/01/2021 - 13:18Seguindo as instruccións da Secretaría Xeral, elaboramos un plan de ensino virtual como recurso en caso de corentena ou confinamento total.
Nestes casos pasariamos a desenvolver o ensino a distancia, desenvolto polo profesorado do centro que realizará o seguimento do alumnado. Deste xeito ainda que estemos confinados continuaremos con rutinas similares ao ensino presencial, garantindo a interacción entre alumnado e profesorado, a realización de tarefas e a avaliación do progreso.
Esto se traduce no desenvolvemento dun horario espello, similar ao presencial pero empregando a aula virtual do centro e os sistemas de videoconferencia. Esto conleva tamen a activación de mecanismos de avaliación e control da asistencia do alumnado. A conexión do profesorado e o alumnado respectará os horarios establecidos habitualmente no horario presencial, pero cunha duración duns 30 minutos por sesión, emprezaría a sesión 15 mintuos más tarde que a sesión presencial (a resolución establece que a comunicación sedrá dun 60% e o 40% restante de realización de tarefas.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22: RESERVA CENTROS ADSCRITOS
Enviado por bandaseca o Mér, 06/01/2021 - 11:56VIDEOS DE NADAL
Enviado por bandaseca o Dom, 03/01/2021 - 11:47Deixamos aqui os videos de Nadal, para alegrar un pouco estas festas.
CRIBADO AOS NENOS/AS DOS BUSES DE MONBÚS
Enviado por bandaseca o Mér, 23/12/2020 - 22:31Como xa lles informamos a coidadora do bus 0, o micro de Monbús que fai a ruta de Tarrío-Rego, deu positivo durante o fin de semana pasado. Unha vez coñecido o caso, a empresa comunicounos dita circunstancia o luns a mediodía o que puxemos en coñecemento das autoridades sanitarias. Como tamén é posible que a coidadora do bus grande de Monbús, o que fai a ruta do Castelo-Vilariño-Cabio, poida ser positivo, informan que van facer un cribado aos nenos e nenas destes autobuses. Na tarde/noite do mércores informannos que enviarán aos pais un sms para que acudan ao hospital na tarde do día 25 para facer a proba. En caso de que algun neno/a estivera no listado pero non usarao bus durante esta semana anterior, especialmente o xoves e venres non faría falta acudir. Se algunha familia que sexa usuaria do bus non recibira a mensaxe pode poñerse en contacto co hospital.
O NOSO CENTRO NON TEN NINGÚN CASO DE CORONAVIRUS
Enviado por bandaseca o Dom, 13/12/2020 - 12:51Queremos informarlles que a día de hoxe (domingo 13 de decembro) no centro non somos coñecedores de ningún caso de coronavirus no noso centro. Hoxe aparece unha noticia na Voz de Galicia na que se indica que temos un caso. O equipo Covid do centro non recibiu ningunha notificación de contaxio, nin de pais/nais nin da Consellería, non obstante puxemonos en contacto coas autoridades sanitarias por si houbera algún caso declarado durante o fin de semana, pero nos dicen que non hai ningún caso.
REPARTO DE MÁSCARAS
Enviado por bandaseca o Lun, 16/11/2020 - 17:27Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
Orde do 6 de novembro de 2020 (dog 13/11/2020)
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai unha achega complementaria procedente do fondo de reserva de garantía educativa, para que os centros docentes afrontemos este curso a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da covid-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado.
ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado no centro:
A) non ten que presentar solicitude: o alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Os que recibiron o cheque de 50 €.
B) ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• alumnado matriculado en educación especial.
• alumnado suxeito a tutela ou garda da xunta de galicia.
• alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
SOLCITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material)
• Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro.
• Prazo: 10 días hábiles, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Repartiremos as máscaras a partir do 30 de novembro.
