Libros de texto
LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS
Enviado por bandaseca o Xov, 07/07/2022 - 09:10Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto: 7/7/22.
Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación: Venres 8 e luns 11 de xullo.
A entrega de libros será en Setembro.
Temos libros suficientes en 4º, non é necesario mercar ningún libro neste nivel agas o de inglés (é un cadernillo) polo que todo alumnado recibirá un lote de 5 libros do centro, ainda que non fixeran a solicitude.
O alumnado de 3º que resultou beneficiado coa axuda de fondolibros ten asignado un nº determinado, 4 ou 5 libros (un total de 31 alumnos/as). Repartiranse os primeiros días do curso. O alumnado que non teña axuda ou que non lle corresponden todos os libros, deben mercalos.
LIBROS DE TEXTO
Enviado por bandaseca o Ven, 01/07/2022 - 16:19Libros de texto para o vindeiro curso 22/23.
5º e 6º: Están incluídos dentro do proxecto Edixgal
3º: Renovación de libros pola adaptación ao curriculo LOMLOE. Mercar o activity book (en vermello). Podénse mercar co cheque de axuda a material.
4º:Fondo liros do centro. Mercar o activity book (en vermello).
1º e 2º: Funxibles, non mercar ata setembro.
(Arranxado un erro: o libro de naturais de 2º ponia que era en castelán cando en realidade é en galego. O isbn estaba correcto en galego, pero podìa inducir a error)
SEGURO ORDENADORES EDIXGAL
Enviado por bandaseca o Xov, 21/10/2021 - 14:10Pinchando aquí deixamos unhas instruccións sobre o seguro do portatil edixgal de 5º. O horario de atención é de 8 da mañá a 6 da tarde
LISTAXES DEFINITIVAS E REPARTO DE CHEQUES
Enviado por bandaseca o Ven, 16/07/2021 - 11:02Publicouse a listaxe definitiva do fondo de libros de texto en 3º e 4º e as axudas para a compra de libros de 1º e 2º 140 € ou 210 €), así como as de material escolar (50 €).
O reparto dos libros de 3º e 4º realizarase en setembro cando comecen as clases. O alumnado de 5º e 6º poderá acceder aos libros dixitais en setembro.
A entrega de cheques será a semana do 19 ao 23 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá. Aqueles que non o recollan agora, poden facelo en setembro.
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mér, 07/07/2021 - 11:50Desde hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, na entrada do edificio grande, as listaxes provisionais das axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar.
Teñen dous días para realizar calquer reclamación. xoves 8 e venres 9)
LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22
Enviado por bandaseca o Mar, 29/06/2021 - 12:30CORRIXIDOS ERROS NOS ISBN DOS LIBROS DE ONDAS DE 1º E DO LOBO LUPAS DE 2º.
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21-22 CORRIXIDOS ISBN.
En 5º e 6º estamos no proxecto E-DIXGAL - libros electrónicos e todo alumnado destes curso terá a licenza da Consellería. Poñemos o activity book pero non é necesario mercalo. Cando comecen as clases en setembro xa diran as profesoras si é necesario.
Libros de 4º. Este curso tocaba cambialos, pero a próxima implantación da LOMLOE fixo que desde a Consellería foran prorrogados. Temos suficientes exemplares no fondo de libros do centro polo que non é necesario mercar ningún libro excepto o activity book de inglés.
Libros de 3º, neste caso non temos suficientes libros para todos, en todo caso hai que esperar ao listado definitivo de libros para saber os que lle tocan a cada alumno, non mercar en ningún caso o libro de relixión e o class book de inglés. O activity book si que haberá que mercalo.
O listado de 1º e 2º si que está complleto. Pasamos un listado dosl libros ás librerías da localidade.
A data limite de publicación das listaxes provisionais será o 9 de xullo e das definitivas o día 20. Si podemos adiantar prazos o comunicaremos nesta paxina web.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Dom, 23/05/2021 - 13:09Publicada a Orde para solicitar as axudas de libros de texo e material e acceso ao fondo solidario para o curso 2021/22.
LIBROS DE TEXTO 20/21
Enviado por bandaseca o Ven, 03/07/2020 - 10:06Lista de libros de texto para o curso 2020/21.
Pregamos esperen mercar os libros ata setembro, especialmente os de 1º e 2º a setembro. Os activity book de 3º 6º non entran en fondo libros, pero se poden adquirir coa axuda de material.
libros de 5º. Este curso teremos neste nivel libros dixitais por estar no proxecto e-dixgal. Todo alumnado deste nivel está incluído, o único que terán que mercar é o activity book.
LIBROS DIXITAIS EN 5º
Enviado por bandaseca o Xov, 11/06/2020 - 08:56O centro foi seleccionado para a participación no proxecto EDIXGAL para o vindeiro curso.
Esto quere dicir que todo o alumnado de 5º terá libros dixitais (para o seguinte curso serán os alumnos de 5º e 6º). Ainda que neste caso non fai falta solicitar a axuda de libros, si que está vixente a axuda de material escolar de 50 € para aqueles que a soliciten e lles corresponda.
CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mar, 19/05/2020 - 15:18ublicada a convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 20/21. Prazo ata 19 de xuño.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
