Orientación
BECAS NECESIDADES ESPECIAIS
Enviado por bandaseca o Ven, 20/05/2022 - 11:48Saiu publicada no BOE a convocatoria de becas para alumnos con NEAE (Necesidade Especifica de Apoio Educativo) para o curso 2022-23.
Poderán acollerse a estas becas aqueles alumnos diagnosticados con TEA (incluído ASPERGER), TDHA, discapacidade, trastorno grave de conduta o de comunicación, reeducación psicopedagóxica, reeducación da linguaxe e que teñan recoñecida unha minusvalía como mínimo do 33% e que a sua vez estean acudindo a un centro de reeducación ou reforzo distinto ó do centro.
O prazo vai desde o 19 de maio ata o 30 de setembro e as solicitudes faranse a través do seguinte enlace:
COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOGOS
Enviado por bandaseca o Xov, 26/03/2020 - 12:17Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos achegarvos un material que elaboramos orientado a abordar desde as familias e coidadores/as esta emerxencia sanitaria cos nenos e nenas, especialmente de Educación Infantil e Educación Primaria.
Trátase do caderno "Retrincos de cores", que constitúe unha ferramenta útil para que os nenos e nenas se expresen desde o debuxo, a través da conversa coas súas propias familias. Recolle uns exemplos, unhas propostas de actividades e remata cuns consellos útiles para xestionar este complicado momento cos cativos e cativas.
Tedes á vosa disposición para descargalo libremente neste PDF: (https://copgalicia.gal/novas/grupo-de-intervencion-psicoloxica-en-catastrofes-e-emerxencias/o-copg-publica-retrincos-de) o coidado emocional tamén é moi importante neste momento.
Moito ánimo con esta etapa. Unha aperta,
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana
ACTIIVDADES SM
Enviado por bandaseca o Lun, 16/03/2020 - 18:20Desde a editorial SM enviaron un documento onde se poden atopar diferentes apps educativas para tablets, mólies echromebook. Ofrecen os codigos de desbloqueo. Hai videos explicativos do seu funcionamento.
