COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOGOS

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos achegarvos un material que elaboramos orientado a abordar desde as familias e coidadores/as esta emerxencia sanitaria cos nenos e nenas, especialmente de Educación Infantil e Educación Primaria. 

 Trátase do caderno "Retrincos de cores", que constitúe unha ferramenta útil para que os nenos e nenas se expresen desde o debuxo, a través da conversa coas súas propias familias. Recolle uns exemplos, unhas propostas de actividades e remata cuns consellos útiles para xestionar este complicado momento cos cativos e cativas. 

 Tedes á vosa disposición para descargalo libremente neste PDF: (https://copgalicia.gal/novas/grupo-de-intervencion-psicoloxica-en-catastrofes-e-emerxencias/o-copg-publica-retrincos-de)  o coidado emocional tamén é moi importante neste momento. 

Moito ánimo con esta etapa. Unha aperta, 

 Mª Rosa Álvarez Prada

Decana