Servizos Complementarios

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.

O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro  realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.

ASAMBLEA ANPA - VENRES 17-XUÑO

Benqueridas familias, 

O curso 2021-2022 está a piques de rematar, pero antes debemos facer unha reunión á que é moi importante que asistades, xa que nela tomaránse decisións que nos afectan a tod@s. 
A xunta directiva é o órgano de execución e xestión da Anpa, pero para poder levar a cabo este traballo necesita de pais e nais que se animen a formar parte dela. Sin xente que axude, isto non é posible. Sin Anpa acabaríanse, o comedor, a Aula 0, as Actividades extraescolares que tan importantes son para o desenvolvemento emocional e físico dos nosos fillos e fillas.., e tamén a axuda na xestión de servicios de conciliación, que fan posible que os pais poidamos traballar coa tranquilidade de saber que os nosos nenos e nenas están en boas mans.   
Por todo isto é vital a vosa colaboración. Así que animádevos!
Por tanto, queda convocada a Asamblea xeral extraordinaria na seguinte data e horarios: 
 
Data: Venres 17 de Xuño de 2022.
Lugar: Biblioteca Bandaseca.
Hora:
- Primeira convocatoria 19:30h  
- Segunda Convocatoria 20h. 
 
ORDE DO DÍA:
1.-  Lectura e aprobación da acta anterior. 
2.- Presentación de contas do ano 2022. Aprobación se procede. 
3.- Cambios na xunta directiva. 
4.- Rogos e preguntas. 
Distribuir contido