Oferta educativa
PROGRAMAS ARCO E PROA+
Enviado por bandaseca o Dom, 17/10/2021 - 20:48ARCO: Apoio, Reforzo, Cooperación e Orientación PROA: Programa de Recuperación, Orientación e Apoio. Mais información picando.
Esta semana comezaron a funcionar os programas ARCO E PROA+ coa incorporación de 2 profesoras ao centro para ofrecer apoio a alumnado de 4º e 5º no caso de ARCO e a 6º no caso de PROA+. Estas profesoras están contratadas a media xornada e no caso da profesora de ARCO estará durante este 1º trimestre, mentres que a de PROA+ esará durante todo o curso.
Estes programas están incluídos dentro do Plan Recupera da Consellería de Educación e financiados polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación.
PROGRAMA ARCO 20-21
Enviado por bandaseca o Mér, 17/03/2021 - 06:49A partir do 11 de novembro comenzamos co programa ARCO. Este programa substitúe este curso ao REFORZA-T e PROA dos anos anteriores. Está dirixido a alumnos de 4º a 6º e consisitirá nun profesor de apoio pero dentro do horario escolar e que atenderá a alumnado don diferentes dificultades. e favorecer así a participación deste alumnado na clase e a consecución do seu desenvolvemento emocional, intelectual e social.
Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá.
Este programa esta cofinanciado polo FSE: Fondo Social Europeo.
PROGRAMA REFORZA-T
Enviado por bandaseca o Mar, 16/03/2021 - 18:45A partir do vindeiro día 15 de xaneiro de 2020 comezará o programa de REFORZA-T, é similar ao PROA que viñamos desenvolvendo estes cursos pasados.
Está dirixido a alumnos de 3º - 4º - 5º - 6º Haberá dous grupos de alumnos un martes e xoves e outro mércores e venres. O horario é de 16:00 a 18:00 h.
A profewsora será a mesma que no curso anterior: Sandra Durán. Como os cursos anteriores os alunmos e alumnas que o necesiten terán o servizo de taxi.
Este programa está enmarcado dentro dos Contratos-Programa da Consellería de Educación e está cofinanciado co FSE: Fondo Social Europeo.
ADSCRICIÓN 2016/17
Enviado por bandaseca o Ven, 28/10/2016 - 15:56LISTADOS E TITORES
Enviado por bandaseca o Ven, 02/09/2016 - 13:21LIBROS DIXITAIS - SECCIÓNS BILINGÜES
Enviado por bandaseca o Mar, 03/06/2014 - 07:26O centro ten solicitado para o vindeiro curso dous proxectos:
libros dixitais en 5º nivel. proxecto E-DIXGAL. É una convocatoria para centros abalar e trataríase de que os alumnos utilizaran só libros electrónicos, prescindindo do material impreso. Este curso no nivel de 6º os nenos comezaron a utilizar os libros electronicos. Neste caso os nenos os poderían utilizar en casa sen conexión a internet, incluso tendo a posibilidade de levar o portatil do centro para casa.
Sección biblingUes: para o vindeiro cruso incorporaremos seccións bilingües en 3º e 4º, e pasariamos as de 2º de coñecemento a pástica. Deste xeito en todos os niveis habería unha oferta educativa de secciós bilingües na área de plástica.
PROXECTO ABALAR
Enviado por bandaseca o Ven, 22/06/2012 - 06:30O noso centro presentou o proxecto para convertirse en centro Abalar e foi seleccionado. Deste xeito o alumnado de 5º integrarase neste proxecto.
O proxecto Abalar supón a integración plena das TIC na práctica educativa introducindonos no concepto de centro educativo dixital.
O alumnado de 5º disporán dun ordenador portatil e encerados dixitais na súa aula. Este proxecto supón a introdución da aula de informática na aula,o tránsito dos actuais libros de texto aos libros dixitais, a paso da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva, o paso do profesor que ensina informática ao profesor que usa a informática
para ensinar. Deste xeito todo o alumnado ao completar a súa formación deberá posuír competencia dixital.
Para máis información poden visitar este enlace: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
