PROGRAMA REFORZA-T

A partir do vindeiro día 15 de xaneiro de 2020 comezará o programa de REFORZA-T, é similar ao PROA que viñamos desenvolvendo estes cursos pasados.

Está dirixido a alumnos de 3º - 4º - 5º - 6º  Haberá dous grupos de alumnos un martes e xoves e outro mércores e venres. O horario é de 16:00 a 18:00 h.

A profewsora será a mesma que no curso anterior: Sandra Durán. Como os cursos anteriores os alunmos e alumnas que o necesiten terán o servizo de taxi.

 Este programa está enmarcado dentro dos Contratos-Programa da Consellería de Educación e está cofinanciado co FSE: Fondo Social Europeo.