Actividades
ACTIVIDADES ANPA
Enviado por bandaseca o Mér, 18/10/2023 - 17:53COMUNICADO EXTRAESCOLARES.
Pobra Do Caramiñal, 16 de Outubro de 2023.
Estimadas familias,
dende a Anpa de Bandaseca, seguimos a traballar para que os vosos fillos e fillas teñan unha oferta completa e variada de extraescolares, xa que somos conscientes de que, as veces, tamén nos botan unha man coa conciliación. Por iso, vos presentamos unha serie de novas actividades as que se poden anotar a partir deste mesmo momento.
ACTIVIDAD |
DÍA/HORARIO |
PREZO |
LUGAR |
INGLÉS 1º, 2º E 3º |
VENRES/16 A 17 HORAS |
15 €/NENO-MÍNIMO 6 |
AULA COLE PEQUENO |
INGLÉS 4º, 5º E 6º |
VENRES/17 A 18 HORAS |
15 €/NENO-MÍNIMO 6 |
AULA COLE PEQUEÑO |
REPOSTERÍA |
MARTES/ 17 A 18 HORAS |
15 €/NENO-MÍNI. 10 |
COMEDOR COLE |
PILATES |
MARTES/16 A 17 HORAS |
20 €/NENO-MÍNIMO 5 |
XIMNASIO COLE PEQUENO |
Para calquer aclaración, estamos disponibles no mail anpabandaseca@gmail.com ou no teléfono 634964175.
CONCILIACIÓN: ESPAZO COIDADOS CORRESPONSABLES
Enviado por bandaseca o Ven, 13/10/2023 - 12:16Dende a Concellaría de Igualdade volven poñer en marcha o Espazo de Coidados Corresponsables, co fin de facilitar ás familias a conciliación da vida familiar, laboral e persoal en horario de tarde.
Está dirixido ás crianzas entre os 3 e os 12 anos de idade e levarase a cabo no CEP Plurilingüe "Salustiano Rey Eiras" de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.
É necesario que asistan un mínimo de 5 participantes ao día para que o Espazo de Coidados Corresponsables estea habiliitado.
Para máis información poden escribir a igualdade@apobra.gal ou chamar ao número 981832764 (ext. 6).
Deixamos no arquivo adxunto a solicitude de participación.
Xornadas de educación en igualdade para pais/nais e fillos/as
Enviado por bandaseca o Mér, 22/05/2019 - 13:26A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Tamén contarán cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
· A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
· LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
· PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
· OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. O cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, atópanse dispoñibles na páxina web http://igualdade.xunta.es/
A secretaria xeral da Igualdade.
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2015
Enviado por bandaseca o Mér, 20/05/2015 - 19:10Están organizados pola Deputación de A Coruña
Nados 2005-2001, a partir de 4º se teñen xa cumpridos os anos antes do inicio do campamento
O campamento realizase en A Coruña, no Colexio Calvo Sotelo
O prezo é de 85 €
Os nenos da Pobra tocalles na 1ª quenda: 28 de xuño - 4 de xullo
Inscripción: no Concello, casa Raquel soler - temos folletos no centro para os interesados.
Prazo ata o 29 de maio.
ENTROIDO 2015
Enviado por bandaseca o Sáb, 21/02/2015 - 18:21O VENRES 20 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO. NON PUIDEMOS SIR POR MOR DO TEMPO, ASÍ QUE FIXEMOS TODAS AS ACTIVIDADES NO PAVILLÓN CUBERTO. DEIXAMOS AQUÍ UN ENLACE CON ALGUNHAS DAS FOTOS.
TRASLADO ENTROIDO A 20 DE FEBREIRO
Enviado por bandaseca o Xov, 12/02/2015 - 15:32Estimados pais, debido a que as previsións meteoroloxicas de mañá venres 13 de febreiro son adversas e anuncian chuvia abundante dedidiuse suspender as actividades programadas do entroido. Deste xeito haberá clase normal, de 9:10 a 13:50.
O pasarrúas e degustación se aprazan para o vindeiro venres día 20 de febreiro no que a previsión do tempo é boa.
Recordamos que non hai clase o luns e martes de entroido, nin o mércores de cinza.
MAGOSTO
Enviado por bandaseca o Ven, 07/11/2014 - 14:16O luns 10 de novembro pola tarde, dentro do horaio escolar, temos organizada, en colaboración coa ANPA, a celebración do MAGOSTO. Dende a ANPA se solicita que todos os nenos traian unhas dez castañas xa preparadas para asar.
Primeiro realizaremos unha serie de xogos populares cos nenos e finalmente unha media hora antes de sair se degustarán as castañas. Igual que en anos anteriores os pais poden asistir. É importante recordar que unha vez remate a festa os nenos teñen que subir ñas clases e que non se poden ir cos pais antes da hora.