Calendario escolar
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Dom, 09/10/2022 - 11:46Calendario escolar do curso 22/23
Destacamos que no primeiro trimestre o luns 31 de outubro é o dia do Ensino que se une ao martes 1 de novembro.
No segundo trimestre son festivos os dias do Entroido 20-21 de febreiro e o 22,mércores de cinza.
No terceiro trimestre, o centro elixiu como festivo o 2 de maio (martes) igual que todos os centros de primaria e infantil da localidade.
INICIO CURSO 22/23
Enviado por bandaseca o Xov, 01/09/2022 - 18:42O curso comezará o xoves 8 de setembro. Nos vindeiros días comunicaremos horarios e novidades deste curso no que comeza a implantación da LOMLOE nos cursos impares.
Cambio Relixión/Valores:
Si algún pai/nai desexa facer o cambio de relixión a valores ou viceversa, poden facelo antes do inicio do curso, ata o día 7. Teñen que pasar pola secretaría do centro e completar o formulario correspondente.
Coa implantación da LOMLOE (este curso en 1º, 3º e 5º) a materia de valores desparece e pasa a ser Proxecto Competencial.
DIAS NON LECTIVOS - ENTROIDO
Enviado por bandaseca o Mér, 02/03/2022 - 09:32Recordamos que segundo establece o calendario escolar non son lectivos:
luns e martes de entroido (28 de febreiro e 1 de marzo) e mercores de cinza (2 de marzo).
LUNS 2 DE NOVEMBRO, NON LECTIVO
Enviado por bandaseca o Ven, 30/10/2020 - 20:14O calendario escolar indica que todos os centros deberán elixir 2 días lectivos ó longo do curso, excepto que coincidan con festivos locais como ocorre co noso centro onde o luns de Nazareno é un deles, polo que compre elixir un só día. O dentro elixiu o luns 2 de novembro ó igual que os outros centros adscritos: Fernández Varela, Vilariño, A Granxa e o IES.
Aproveitamos para recordarlles que o calendario escolar determinou no primeiro trimestre non lectivo (Día do Ensino) o luns 7 de decembro. O 8 de decembro é festivo.
Este trimestre as clases rematarán o martes 22 de decembro.
Festivo local-luns nazareno - horario secretaría
Enviado por bandaseca o Ven, 18/09/2020 - 09:58Recordámoslles que o vindeiro luns 21 de setembro non haberá clase por ser festivo local. O martes retomaremos as clases no horario habitual.
Horario de secretaría: 9:20h. a 10:45 h. e de 12:30 a 13:30 h.
Unha vez que todos nos estamos acostumando aos horarios decidimos reaxustar o de secretaría e adiantámolo 10 minutos.
Recordamos que, segundo indica o protocolo da Consellería, os pais non poden acceder ao centro no horario de recreo, neste caso de 10:45 a 12:15 h. Se algún pai/nai ten que recollelo, pedimos que se faga antes ou despois deste horario.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 20/21
Enviado por bandaseca o Sáb, 01/08/2020 - 13:18Orde de calendario escolar 20/21.
calendario escolar (sen elección dos días do centro)
O curso empezará o 10 de decembro e rematará o 22 de xuño.
Días non lectivos: ademaís do local luns de Nazareno (21-set) e outro máis por determinar, temos o luns 12 de outubro, 7-8 decembro (día do Ensino e Inmaculada),
luns 17 de maio.
Vacacións: Nadal (23 dec a 7 xan. inclusives); Entroido (15-16-17 de febreiro),Semana Santa (29 mar a 5 abr inclusives)
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mar, 29/10/2019 - 10:33PONTE TODOS OS SANTOS:
Recordamos que, segundo o calendario escolar da Consellería de Educación, o xoves 31 de outubro está declarado como Día do Ensino e non é lectivo.
Os centros poden solicitar dous días ó longo do curso como non lectivos. No noso centro un deles coincide co luns de Nazareno, o outro non lectivo se solicitou o luns 4 de maio.
INICIO CURSO 2019/20
Enviado por bandaseca o Ven, 06/09/2019 - 09:11As clases comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario de 9:10 h a 13:50 h.
Haberá servizo de autobuses e comedor.
1º nivel: unha vez entren os nenos e nenas de 1º faremos unha reunión informativa cos pais e nais presentes dese nivel.
O luns 16-S é festivo local, o martes retomaremos as clases no horario habitual (9:10-13:50).
VACACIÓNS SEMANA SANTA
Enviado por bandaseca o Ven, 12/04/2019 - 13:39As vacacións de Semana Santa son do 15 ao 22 de abril.
Retomaremos as clases o martes 23 de abril no horario habitual.
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Lun, 15/10/2018 - 18:55Principais festivos no calendario escolar:
Venres 7 de decdembro: día do ensino
Vacacións de Nadal: do sábado 22/12 ata o luns 7/1 (incluido)
Luns, martes e mercores, 4, 5 e 6 de marzo: Entroido
Martes 19 de marzo: San José
Semana Santa: do sábado 13 de abril ao luns 22 de abril (incluídos)
Mércores 1 de maio: día do traballo
Venres 17 de maio: día das Letras Galegas
Luns 20 de maio: día que escolle o centro (e resto de centros de primaria e infantil da localidade).
Avaliacións: Como este curso a Semana Santa é moi tarde e volvemos o 23 de abril, decidimos adiantar a 2ª avaliación un par de semanas, para igualar os trimestres.
A entrega de notas será para a 1ª av. o 21 de decembro, a 2ª av. o 29 de marzo e a 3ª av. o 21 de xuño
