PROGRAMAS ARCO E PROA+

ARCO: Apoio, Reforzo, Cooperación e Orientación    PROA: Programa de Recuperación, Orientación e Apoio. Mais información picando.

Esta semana comezaron a funcionar os programas ARCO E PROA+ coa incorporación de 2 profesoras ao centro para ofrecer apoio a alumnado de 4º e 5º no caso de ARCO e a 6º no caso de PROA+. Estas profesoras están contratadas a media xornada e no caso da profesora de ARCO estará durante este 1º trimestre, mentres que a de PROA+ esará durante todo o curso. 

Estes programas están incluídos dentro do Plan Recupera da Consellería de Educación e financiados polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación.

                       

AdxuntoTamaño
CARTEL ARCO 21-22.pdf707.68 KB