ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR- SORTEO XUNTA ELECTORAL

Este curso compre realizar eleccións dos membros do Consello Escolar. Tratase da renovación parcial dos membros que xa levan catro anos. A renovación do curso pasado era a que estaba adiada do curso anterior (20/21) por mor da pandemia.

No caso do nos consello hai  3 vacantes no sector de pais/nais e outras 3 no de profesores.

Segundo establece a Resolución do 19 de setembro de 2022 que establece o calendario das eleccións ten que constituirse antes unha Xunta electoral que regula este proceso e que establece o calendario elecctoral.

O vindeiro mércores 2 de novembro  as 10:00 na biblioteca do centro realizarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral.

 

ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”

MEDIOAMBIENTE

Estimadas familias :

Para realizar o ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”necesitamos que contabilicedes cos vosos fillos/as o Nº envases ( botellas, botes de conserva…) de vidro que reciclades na casa ao longo de 15 días ( non teñen por que ser seguidos, poden ser alternos).

Para facer o conteo enviámosvos unha táboa que unha vez rematada terán que entregala á súa mestra ou mestre para realizar con ela/el a gráfica.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

Un saúdo cordial:  Equipo de Medio Ambiente

 

MAGOSTO

o luns día 24 de outubro pola tarde imos celebrar o MAGOSTO. Faremos pola trde unha serie de xogos populares e  despois comeremos castañas asadas.

Precisamos que cada alumno/a traia  antes do luns pola tarde un puñado de castañas PICADAS.

 

CALENDARIO ESCOLAR

Calendario escolar do curso 22/23

Destacamos que no primeiro trimestre o luns 31 de outubro é o dia do Ensino que se une ao martes 1 de novembro.

No segundo trimestre son festivos os dias do Entroido 20-21 de febreiro e o 22,mércores de cinza.

No terceiro trimestre, o centro elixiu como festivo o 2 de maio (martes) igual que todos os centros de primaria e infantil da localidade.

CIRCULAR INICIO CURSO

MATERIAL ESCOLAR - INICIO CLASES

As clases comezarán o vindeiro xoves día 8 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.

Como xa saben a través dos medios de comunicación, se suprimen a maioría das normas covid, polo que retomamos  a "normalidade" en canto a protocolos e horarios:

  • Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.
  • Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros.
  • A ventilación segue sendo recomendable.
  • A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar, polo de agora. Explica que practicamente estamos nunha situación de normalidade, a partires desta semana tentarán publicar unhas instrucións con estas novidades

En canto ás entradas recordar que o alumnado de transporte escolar entrará no recinto escolar en canto baixe do autobús, mentres que o resto de alumnado poderá acceder ao recinto 5 minutos antes da entrada.

Á saída será ás 13:50, se ben para 1º e 2º nivel nos meses de setembro e outubro será 5º minutos antes.

Desde a ANPA están traballando para poder ofrecer desde ese día o servizo de madruga e comedor. As familias que necesiten estes servizos é preciso que os avisen ben por correo (anpabandaseca@gmail.com) ou por telefono/was (634964175).

MATERIAL ESCOLAR: adxuntamos os ficheiros que pasaron as titorías co material escolar.

INICIO CURSO 22/23

O curso comezará o xoves 8 de setembro. Nos vindeiros días comunicaremos horarios e novidades deste curso no que comeza a implantación da LOMLOE nos cursos impares.

Cambio Relixión/Valores:

Si algún pai/nai desexa facer o cambio de relixión a valores ou viceversa, poden facelo antes do inicio do curso, ata o día 7. Teñen que pasar pola secretaría do centro e completar o formulario correspondente.

Coa implantación da LOMLOE (este curso en 1º, 3º e 5º) a materia de valores desparece e pasa a ser Proxecto Competencial. 

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS

Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto: 7/7/22. 

Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación: Venres 8 e luns 11 de xullo.

A entrega de libros será en Setembro. 

Temos libros suficientes en 4º, non é necesario mercar ningún libro neste nivel agas o de inglés (é un cadernillo) polo que todo alumnado recibirá un lote de 5 libros do centro, ainda que non fixeran a solicitude. 

O alumnado de 3º que resultou beneficiado coa axuda de fondolibros ten asignado un nº determinado, 4 ou 5 libros (un total de 31 alumnos/as). Repartiranse os primeiros días do curso. O alumnado que non teña axuda ou que non lle corresponden todos os libros, deben mercalos. 

LIBROS DE TEXTO

Libros de texto para o vindeiro curso 22/23.

5º e 6º: Están incluídos dentro do proxecto Edixgal

3º: Renovación de libros pola adaptación ao curriculo LOMLOE. Mercar o activity book (en vermello). Podénse mercar co cheque de axuda a material.

4º:Fondo liros do centro. Mercar o activity book (en vermello).

1º e 2º: Funxibles, non mercar ata setembro.

(Arranxado un erro: o libro de naturais de 2º ponia que era en castelán cando en realidade é en galego. O isbn estaba correcto en galego, pero podìa inducir a error)

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 22/23. CONCELLO

Informan dende o Concello, da convocatoria das axudas de escolarización, tanto de materiais coma de comedor para o curso 2022-2023. O prazo de entrega de solicitudes comezará o día 4 de xullo e remata o 22 de xullo inclusive. Achegamos as bases das axudas xunto cos anexos.
 
Para calquer aclarción dirixirse ó Concello da Pobra - Asuntos Sociais. 
 
Distribuir contido