Consello Escolar

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Enviado por bandaseca o Mér, 07/11/2018 - 19:05

 O consello está formado por 14membros: director, xefe de estudos, 5 profesores, 1 representante do Concello, 1 representante do persoal de servizos, 5 pais/nais e o secretario do centro(que non ten dereito a voto).Dos 5 representantes dos pais, 1 é designado pola ANPA.

Este curso cumpre realizar a renovación parcial do Consello Escolar do Centro, no sector dos pais/nais renovaranse 2 membros e o representante da ANPA. As eleccións terán lugar o luns 26 de novembro.

Desde o centro enviamos circulares sobre este proceso, nestes momentos temos publicadas no centro o censo de pais e nais para que poidan comprobar os sus datos e está aberto o prazo para reclamacións.

Enviamos papeletas para aqueles pais/nais que se queiran presentar. o prazo de candidaturas será ata o luns 19, Ese día realizaremos tamén o sorteo da mesa electoral que estará  formada por 4 pais/nais e o director.

( categories: )

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Enviado por bandaseca o Mér, 09/11/2016 - 15:57

Dende o 9 ata o 18 de novembro está aberto o prazo pra presentar candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar, Compre renovar dúas prazas vacantes.

Nas mesmas datas estará exposto o censo electoral (pais, enais e/ou titores legais) para comprobar que os datos son correctos.

O día 21 proclamaranse provisionalmente ascandidaturas, tendo ata o23 para realizar as reclamacións oportunas e o 24 será a proclamación definitiva.

As votacións dos pais/nais realizaranse o luns 28 de novembro de 15:30 a 18:30 h.

Nota do calendario da xunta electoral

calendario electoral

papeleta candidatura

( categories: )

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Enviado por bandaseca o Lun, 24/11/2014 - 20:01

RESULTADOS VOTACIÓNS SECTOR PAIS/NAIS:

ROSANA CASTELO DOMÍNGUEZ: 37 VOTOS

OLGA PIÑEIRO GAGO: 36 VOTOS

MARTA RODRÍGUEZ SAMPEDRO:  29 VOTOS

MANUEL JOSE PEITEADO CESPÓN:  21 VOTOS

OS TRES PRIMEIROS CANDIDATOS OCUPARÁN AS TRES VACANTES, MENTRES QUE MANUEL J. PEITEADO QUEDA EN RESERVA PARA CANDO SE PRODUZA ALGUNHA BAIXA.

( categories: )

ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR

Enviado por bandaseca o Ven, 07/11/2014 - 13:02

Desde hoxe ata o luns 17, esta exposto os censo de de pais-nais para as eleccións ao Consello escolar. Estará exposto ata o venres para poder facer as reclamacións en caso de erros.

Tamén desde hoxe e, igualmente ata o 17,  está aberto o prazo para presentar as candidaturas para ser membro do Consello Escolar. Nesta renovación hai tres vacantes.

 As eleccións serán o vindeiro luns día 24 de novembro pola tarde.

Adxuntamos a solicitude para presentar a candidatura do sector dos pais e o calendario electoral aprobado pola Xunta Electoral.

( categories: )
Distribuir contido