Listaxes provisionais axudas libros e material
Enviado por bandaseca o Mér, 12/07/2023 - 10:25Publicadas as listaxes provisionais de axudas para libros de texto (1º-2º), fondolibros (3º-4º) e axudas de material escolar (todos niveis).
O venres 14 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.
LIBROS DE TEXTO 23/24
Enviado por bandaseca o Xov, 29/06/2023 - 18:27LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24
ACTUALIZACIÓN 18/07/23: detectado erro no libro de 2º Lobo Lupas 2, tiñamos o ISBN de 1º, ó valido é 978-84-678-7508-9. Arranxado no arquivo adxunto.
Engadimos os cadernillos de inglés de 5º e 6º.
AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO
Enviado por bandaseca o Mér, 21/06/2023 - 18:05Convocatoria das axudas de escolarización do Concello de A Pobra do Caramiñal para familias con problemática socio-económica.
O prazo comezará o día 3 de xullo ata o día 21.
Deixamos nos arquivos adxuntos nota informativa do Concello, a convocatoria completa, solicitude, certificado do colexio.
MATRICULA CURSO 23/24
Enviado por bandaseca o Mér, 24/05/2023 - 17:51Desde hoxe abrimos o prazo para poder matricular ao alumnado para o vindeiro curso.
O prazo remata o día 30 de xuño, pero queremos recordarlles que si queren solicitar as axudas de libros e material escolar, estas finalizan o 21 de xuño, polo que recomendamos que realicen ambos trámites con anterioridade a esta última data.
Documentación:
-
Fotocopia DNI dos pais ou titores legais.
-
Fotocopia de todas follas do libro de familia.
-
Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou equivalente.
-
Fotocopia da cartilla de vacinacións ou informe médico sanitario.
-
Dúas fotografías tipo carné.
-
Certificado de empadroamento, só si van usar o transporte escolar.
DOCUMENTACIÓN SPRING WEEK
Enviado por bandaseca o Lun, 22/05/2023 - 17:38Adxuntamos o dossier de Spring Week - Os Peares
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24
Enviado por bandaseca o Dom, 21/05/2023 - 12:22Aberto o prazo para a solicitude de axudas para compra de libros de texto en 1º e 2º, para a participación no fondo solidario de libros e para a compra material de material escolar.
Orde 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio).
As familias podrán presentar a documentación entre o 20 de maio e o 21 de xuño, ben por vía electronica ou no centro educativo. Presentarán unha solicitude independentemente do numero de fillos que teña escolarizado no centro.
Axudas material bono de 75 € para familias con renda inferior a 6000 € de renda per capita e de 60 € para o tramo entre 6000 € e 10000 €.
Axudas para libros de texto de 1º e 2º: Bono de 240 € para familias con renda inferior a 6000 € e de 160 € para o tramo de 6000 € a 10000 € (alumnado de Ed. Especial ou con minusvalia igual ou maior do 65% é de 300 €)
Fondo solidario, para alumnado de 3º e 4º: familias con renda inferior a 6000 € teñen dereito ata 6 libros e as do tramo 6000-10000 € a 4 libros. O alumnado de 5º e 6º está integrado no programa e-dixgal de libros electrónicos.
Os datos da renda son os referidos ao exercicio fiscal do ano 2021, recadros 435 e 460; de non presentar declaración seran os datos facilitados pola Axencia Tributaria.
Os datos da unidade familiar son os da situación familiar a 31 de decembro de 2021.
ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023
Enviado por bandaseca o Ven, 05/05/2023 - 13:17A Consellería de Educación, no marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).
Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros de Galicia. Está dirixida a todas as familias, profesorado, persoal non docente e alumnado de 5º e 6º. A enquisa realizase on-line.
ENQUISA FAMILIAS: As familias responderán unha única vez por cada centro educativo onde estuden os seus fillos/as, independentemente do número deles/as que estean matriculados/as en cada centro. Desde o centro enviamos polo alumnado unha carta coa infomación sobre a enquisa e co enlace da páxina e a clave de acceso (a de cada familia é distinta).
Enlace para acceso as familias: https://edu.xunta.gal/convfamil
OBRADOIRO CONCILIACIÓN- 2 MAIO NON LECTIVO
Enviado por bandaseca o Mér, 26/04/2023 - 15:30
CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
Enviado por bandaseca o Mér, 26/04/2023 - 09:37Desde a Concellería de mobilidade do Concello vanse poñer en marcha o programa de "camños escolares seguros" (CES) para fomentar que os nenos poidan vir e voltar a casa andando.
O percorrido completo para o noso centro sería desde a praza maior, pola alameda, rúa do Estremo, praza de Maura (catro canos), Canton da Leña, praza Irmas Ageitos, Corraliño, xardíns Casa Raquel Soler e pola estrada principal ata o centro. Este percorrido está sinalizado e conta con pasos de peóns. Adxuntamos o triptico onde se explica todo isto con máis detalle e cun plano co percorrido. Ademais dunhas charlas que lles impartirán aos nenos persoal do Concello, apoiaremos a iniciativa desde o centro realizando este percorrido para que o alumnado o poida coñecelo sobre o terreo e as normas de conduta en caso de usalo.
SPRING WEEK - 6º
Enviado por bandaseca o Lun, 20/03/2023 - 21:47PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO DE 6º
DO 4 AO 10 DE XUÑO NO CENTRO OS PEARES. CLICANDO NESTE ENLACE TEÑEN TODA INFORMACIÓN SOBRE A ESTADÍA, HORARIOS, TELEFONOS, MENUS, ROUPA PARA LEVAR,... AO FINAL TEÑEN UN DOSSIER COMPLETO PARA DESCARGAR. TAMÉN O ENGADIMOS COMO ADXUNTO
25 PRAZAS. CRITERIOS DE SELECCIÓN NOTAS GLOBAIS DE 5º E DA 1ª AVALIACIÓN E DE ACTITUDE.
PRAZO PARA ANOTARSE: ATA O MÉRCORES 22 DE MARZO. DEIXAMOS COMO ADXUNTO A SOLICITUDE QUE A PODEN ENTREGAR BEN A TRAVÉS DO ALUMNADO NA TITORÍA/SECRETARIA DO CENTRO OU ENVIAR AO CORREO DO CENTRO.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
