Alumnado

ENTREGA NOTAS

As cualificacións finais publicaranse o dia 19 de xuño a partir das 10 h. a través da aplicación AbalarMobil.

Neste caso decidiuse facelo a esta hora por recomendación da Consellería e evitar o problema que houbo na 2ª avaliación onde a aplicación bloqueouse. Ao publicar todos os centros  as notas a mesma hora, e ser o único medio de acceso para as familias, a aplicación se sobrecargou, nalgún caso non funcionou ata ben entrada a tarde. Por este motivo, a pesar que desde a Consellería aseguran que reforzaron os sistemas de xestión relacionados coa publicación de cualificacións, pediron que escalonáramos a hora de publicación e, se fora posible, adiantala para facilitar o acceso gradual das familias.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º

Segundo a Resolución 12 de abril de 2019 a avaliación individualizada de 3º  se realizará o 28 e 29 de maio (martes e mercores) .

 Finalidade:

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:

  1. Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
  2. Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
  3. Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 Competencias que se avalían:

  1.  Competencia en comunicación lingüística (galego e castelá)
  2.  A competencia matemática

Os referentes das competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º dos anexos I e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, no que se establece o currículo de primaria.

 Tambien se realizan uns cuestionarios de contexto para alumnos e familias e para o profesorado do centro que imparte nese nivel.

Horarios probas: día 28 e 29 de maio. (martes e mércores)

Día 28

tempo

horario

Competencia en comunicación lingüística - Caderno 1

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 1

50’

10:50 -11:40

Día 29

 

 

Competencia en comunicación lingüística – Caderno 2

60’

9:25 – 10:25

Descanso

25’

10:25 – 10:50

Competencia matemática – Caderno 2

50’

10:50 -11:40

As probas se realizarán a todos alumnos de terceiro presentes durante eses dous días desde a hora de entrada ata o recreo. Constan duns cadernillos e  audios elaborados pola Consellería e serán aplicadas por profesores do centro, que non son titores dos nenos e a corrección será levada a cabo por profesorado do centro, de acordo coas normas que nos envían desde a Consellería.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º

Datos de participación na avaliación individualizada de 3º realizada os días  24 e 25 de maio:

Dun total de 58 alumnos presentáronse 5.

PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR

A Consellería de Educación ven de publicar o novo protocolo de absentismo escolar que será de aplicación, a partir de agora, na nosa Comunidade Autonoma. Dito protocolo trata de garantir o dereito do alumnado a asistir a clase, así como a obriga por parte de nais, país ou titores de facer efectivo ese dereito.

Considerarase absentismo: a ausencia inxustificada dun 10% do horario mensual. No noso caso contamos con 27 sesións semanais (108 mensuais), así que se un alumno faltase máis de 11 sesións sen xustificación, ao terceiro día que falte, activarase o protocolo de absentismo.

Presentación protocolo  de absentismo: conceptos, dereitos e obrigas, medidas preventivas, control asistencia, procedementos, expedientes,...

 

 

 

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012


A Consellería de Educación publica no DOG de 5 de marzo de 2012 a convocatoria de 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Solicitantes: alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia entre 6º  e 2º de bacharelato.


Para hai convocadas 510 prazas, a modalidade é de  inglés en Galicia durante 2 semanas de verán en réxime de residencia. O custo das familias depende do grupo en que as situen segundo os ingresos e pode variar entre os 110 € eos 450 €.


Mais información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. A solicitude faise a través desta páxina. Calquera dúbida  que xurda estamos á súa disposición.


Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído).

Distribuir contido