PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR

A Consellería de Educación ven de publicar o novo protocolo de absentismo escolar que será de aplicación, a partir de agora, na nosa Comunidade Autonoma. Dito protocolo trata de garantir o dereito do alumnado a asistir a clase, así como a obriga por parte de nais, país ou titores de facer efectivo ese dereito.

Considerarase absentismo: a ausencia inxustificada dun 10% do horario mensual. No noso caso contamos con 27 sesións semanais (108 mensuais), así que se un alumno faltase máis de 11 sesións sen xustificación, ao terceiro día que falte, activarase o protocolo de absentismo.

Presentación protocolo  de absentismo: conceptos, dereitos e obrigas, medidas preventivas, control asistencia, procedementos, expedientes,...