AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º
Segundo a Resolución 12 de abril de 2019 a avaliación individualizada de 3º se realizará o 28 e 29 de maio (martes e mercores) .
Finalidade:
A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:
- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
- Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.
Competencias que se avalían:
- Competencia en comunicación lingüística (galego e castelá)
- A competencia matemática
Os referentes das competencias serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables para 3º dos anexos I e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, no que se establece o currículo de primaria.
Tambien se realizan uns cuestionarios de contexto para alumnos e familias e para o profesorado do centro que imparte nese nivel.
Horarios probas: día 28 e 29 de maio. (martes e mércores)
Día 28 |
tempo |
horario |
Competencia en comunicación lingüística - Caderno 1 |
60’ |
9:25 – 10:25 |
Descanso |
25’ |
10:25 – 10:50 |
Competencia matemática – Caderno 1 |
50’ |
10:50 -11:40 |
Día 29 |
|
|
Competencia en comunicación lingüística – Caderno 2 |
60’ |
9:25 – 10:25 |
Descanso |
25’ |
10:25 – 10:50 |
Competencia matemática – Caderno 2 |
50’ |
10:50 -11:40 |
As probas se realizarán a todos alumnos de terceiro presentes durante eses dous días desde a hora de entrada ata o recreo. Constan duns cadernillos e audios elaborados pola Consellería e serán aplicadas por profesores do centro, que non son titores dos nenos e a corrección será levada a cabo por profesorado do centro, de acordo coas normas que nos envían desde a Consellería.