Complementarias-Extraescolares

MEDIOAMBIENTE - A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”

MEDIOAMBIENTE:

O tema deste mes de novembro é “A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”

Duración : Dende 20-11-2022 ao 18-12-2022

PROXECTO QUE IMPLICA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:

Obxectivo: Darlle outro uso a algunha prenda de roupa que xa non usen ( ex: neceser con pantalón vaqueiro, bolsa para levar cousas con camisetas de tiras, Facer uns quentadores con medias vellas, manoplas de baño para enxabonarse con toallas vellas, trapos para limpar o po con calcetíns, facer un monedeiro con calcetín de bebé…).

 Con estes obxectos farase un mercadillo de Nadal e cos cartos que se recauden donarase á  asociación para o coidado de animais “ MOURA”.

 ENLACES PARA SACAR IDEAS DE RECICLAXE DE ROUPA:

 No la tires: once cosas para hacer con tu ropa viejahttps://www.eldiario.es/consumoclaro/ahorrar_mejor/no-tires-once-cosas-ropa-vieja_1_6216692.html

En estado crudo: https://www.enestadocrudo.com/ideas-reutilizar-ropa-vieja/

Ideas para reciclar y reutilizar ropa viea https://mejorconsalud.as.com/ideas-reciclar-reutilizar-ropa-vieja/

19 IDEAS CREATIVAS PARA CALCETINES VIEJOS https://www.youtube.com/watch?v=-gh98BqF8ck

ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”

MEDIOAMBIENTE

Estimadas familias :

Para realizar o ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”necesitamos que contabilicedes cos vosos fillos/as o Nº envases ( botellas, botes de conserva…) de vidro que reciclades na casa ao longo de 15 días ( non teñen por que ser seguidos, poden ser alternos).

Para facer o conteo enviámosvos unha táboa que unha vez rematada terán que entregala á súa mestra ou mestre para realizar con ela/el a gráfica.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

Un saúdo cordial:  Equipo de Medio Ambiente

 

MAGOSTO

o luns día 24 de outubro pola tarde imos celebrar o MAGOSTO. Faremos pola trde unha serie de xogos populares e  despois comeremos castañas asadas.

Precisamos que cada alumno/a traia  antes do luns pola tarde un puñado de castañas PICADAS.

 

FESTIVAL ANPA

 

 

 

EXCURSIÓN VEXO VEO XACOBEO 1º/2º-SANTIAGO

Enviamos enlace do video que fixeron os de Vexo Veo Xacobeo sobre a excursión dos nenos e nenas de 1º e 2º a Santiago.

https://vimeo.com/710756207

VACACIÓNS NADAL

Felices vacacións e festas de Nadal!

Toca descansar, desfrutar coas nosas familias e amigos, coller forzas e enerxía para empezar o novo ano e, sobre todo, coidarse moito.  

Retomaremos as clases o luns 10 de xaneiro.

Saúde e Felicidade!!

VIDEOS DE NADAL

Deixamos aqui os videos de Nadal, para alegrar un pouco estas festas.

Video de 1º e 2º

Video de 3º e 4º

Video de 5º e 6º

 

ENTROIDO 2020

O venres  21 de febreiro celebramos o Entroido. Este día o horario será de 10:00 a 13:00. Haberá servizo de transporte, marugadores e comedor.

Realizaremos un desfile polas rúas da localidade. A saída será arredor das 10:30 h. co percorrido de sempre e logo, no patio faremos unha pequena festa e degustación de produtos típicos no patio. 

Incorporaranse ao desfile durante parte do percorrido os outros centros da localidade de infantil e primaria: Vilariño, A Granxa, Monte Carmelo, Cadreche e a Angustia.

Percorrido: saída do centro, acceso á estrada principal a altura da Ferretería del Río, dirixiremosnos ata a Alameda, facendo parada no Concello onde se incorporará o alumnado de outros centros. Chegamos ata o semáforo e entramos na Alameda polo paso de peóns. Voltamos pola rúa do Estremo, praza de Maura e Canton da Leña. Dende o Museo cruzamos ata o paseo do Areal e continuamos pola beirarrúa ata a rua Venecia (altura do Eroski, por detras das pistas de tenis cruzamos ao polideportivo e  residencia da 3ª idade para chegar ata o centro. 

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2015

Están organizados pola Deputación de A Coruña
Nados 2005-2001, a partir de 4º se teñen xa cumpridos os anos antes do inicio do campamento
O campamento realizase en A Coruña, no Colexio Calvo Sotelo
O prezo é de 85
Os nenos da Pobra tocalles na 1ª quenda: 28 de xuño - 4 de xullo
Inscripción: no Concello, casa Raquel soler - temos folletos no centro para os interesados.
Prazo ata o 29 de maio.

ENTROIDO 2015

O VENRES 20 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO. NON PUIDEMOS SIR POR MOR DO TEMPO, ASÍ QUE FIXEMOS TODAS AS ACTIVIDADES NO PAVILLÓN CUBERTO. DEIXAMOS AQUÍ UN ENLACE CON ALGUNHAS DAS FOTOS.

 

Distribuir contido