ENTROIDO 2020

Enviado por bandaseca o Mér, 19/02/2020 - 19:26

O venres  21 de febreiro celebramos o Entroido. Este día o horario será de 10:00 a 13:00. Haberá servizo de transporte, marugadores e comedor.

Realizaremos un desfile polas rúas da localidade. A saída será arredor das 10:30 h. co percorrido de sempre e logo, no patio faremos unha pequena festa e degustación de produtos típicos no patio. 

Incorporaranse ao desfile durante parte do percorrido os outros centros da localidade de infantil e primaria: Vilariño, A Granxa, Monte Carmelo, Cadreche e a Angustia.

Percorrido: saída do centro, acceso á estrada principal a altura da Ferretería del Río, dirixiremosnos ata a Alameda, facendo parada no Concello onde se incorporará o alumnado de outros centros. Chegamos ata o semáforo e entramos na Alameda polo paso de peóns. Voltamos pola rúa do Estremo, praza de Maura e Canton da Leña. Dende o Museo cruzamos ata o paseo do Areal e continuamos pola beirarrúa ata a rua Venecia (altura do Eroski, por detras das pistas de tenis cruzamos ao polideportivo e  residencia da 3ª idade para chegar ata o centro.