GAÑADORES CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015

O noso centro gañou o concurso-exposición Letras Galegas 2015 convocado pola Consellería de Educación e Cultura, na categoría de centros de educación infantil e primaria.

Desde o centro creamos un grupo de traballo no que os alumnos realizaron  unha colección de 10 carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano o día das Letras Galegas, Xose Fernando Filgueira Valverde titulada "Traballando co vello profesor".  Esta colección de carteis serán imprimidos e distribuídos pola Consellería, acompañada dunha guía didáctica explicativa, en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos da Rede de Dinamización Lingüística e bibliotecas). O centro recibirá ademais un premio en metálico por importe de 2.000 euros.

Máis información neste enlace