DATOS CORONAVIRUS-PECHE PREVENTIVO AULAS-ACTIVACIÓN PLAN ENSINO VIRTUAL

Como sabran temos un gromo de coronvirus que afecta sobre todo a dous aulas de 5 (hai tres casos que deron positivo na proba de antígenos)  e que se extende a alumnado do comedor e madruga e de algunhas actividades extraescolares. Algúns alumnos/as deben èrmaneceer na casa ata o día 21, que coincide co día das vacacións de Nadal.

Despois de comunicar os casos á central de seguimento, desde medicina preventiva do hospital da Barbanza decidiron facer un cribado ao alumnado destas aulas e de comedor/madruga e das actividades extraescolares afectadas. Hoxe martes comezouse a realizar este cribado.

No caso das aulas de 5º afectadas, ante a cantidade de alumnos que son contacto estreito, tanto o luns como o martes a asistencia dos non afectados foi mínima, `polo que en contacto de novo coa central de seguimento nos indicaron que polo momento pecharamos as aulas en tanto non se saiban os resultados do cribado.

Por este motivo desde o mércores 15 activamos o plan de ensino virtual. O alumnado asistirá ás clases a través da plataforma webex e unirase á sala do profesor que lles enviaremos por abalar ou a través de edixgal. Recordamos que a asistencia é obrigatoria e que o horario é un espello do real, as clases son de 30 minutos, a conexión é un cuarto de hora despois do comezo da sesión, para dar tempo a todos e todas a conectarse. A primeira sesión sería ás 9:30 h. pero é mellor que estean atentos por si hai algunha modificación horaria. Adxuntamos o plan de ensino virtual.

Deixamos un videotitorial para a conexión a webex por si teñen dificultades 

Desde un ordenador hai que abrir o navegador e poñer webex meeting, tamen funciona co seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com/webappng/sites/eduxunta/dashboard?siteurl=edu...

despois poñer o núero que lles proporciona o profesor no espazo unirse a unha reunión. Pediralles que poñan un nome para identificarse e un correo electrónico, pode ser un de vostedes ou senon valeo seguinte nonresponder@edu.xunta.gal é o xenerico. Non fai fallla que descarguen a aplicación se non queren (ó mellor teñen que indicar mais abaixo "unirse desde o navegador".

AdxuntoTamaño
PLAN DE ENSINO VIRTUAL ANTE A COVID-19- CURSO 21-22 SALUSTIANO REY EIRAS.pdf452.36 KB