Skip to Content

Secretaría

FONDO DE LIBROS: LISTAXES DEFINITIVAS

Xa podedes consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído no Fondo de Libros Solidario para o curso 19/20.

Unha aclaración, onde pon: "Máis 1 libros de adquisición complementaria. O número mínimo de libros complementarios está limitado polas materias con libro nas que se matriculou o alumno." Isto significa que ese libro corresponde a "Valores" pero non utilizaran libro de texto.

A entrega dos libros farase na reunión coas familias a principio de curso.

FONDO DE LIBROS: LISTAXES PROVISIONAIS

Xa están publicadas as listaxes provisionais dos admitidos e excluídos no fondo de libros solidario para o curso 19/20.

Nestas listas provisionais non aparecen os libros concedidos, unicamente o número de libros, pero ao ser un listado provisional vai haber modificacións. As listaxes definitivas publicaránse nos primeiros días de xullo. 

Recomendámosvos non mercar os libros ata setembro, tras as reunións nas titorías. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Publicado na Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20 de maio) o procedemento para participar no fondo solidario de libros e para solicitar axudas para a adquisición dos libros de texto e de material escolar.

PROCEDEMENTO:

  1. A solicitude será única para todas as axudas e para todos os fillos/as admitidos/as no mesmo centro para o curso 2019/2020. Preferentemente cubrirase na sede electrónica e tamén pode descargarse premendo aquí ou solicitala na conserxería ou administración.
  2. A solicitude debidamente cuberta e asinada acompañarase da seguinte documentación.
    • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar (situación de referencia a 31 de decembro de 2017).
    • De ser o caso: outra documentación que fose necesaria.
  3. Prazo para a entrega do 21 de maio de 2019 ata o 21 de xuño de 2019.
  4. Presentación:
  •  Preferentemente por vía telemática (https://sede.xunta.gal)
  • Na secretaría do centro onde está admitido para o curso 2019/2020.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 19/20

Nos seguintes enlaces podedes consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos nos diferentes cursos para o próximo curso 19/20:

Recordámosvos que, atendendo a orde que regula o proceso de admisión,o período de formalización de matrículas será do 20 ao 30 de xuño.

O 25 de xuño, as 10.30 horas terá lugar unha primeira reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil, que comezan a súa andaina no noso centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 19/20

Aquí tedes as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o próximo curso 2019/20: 

 

Recordámosvos que, atendendo a orde que regula o proceso de admisión, antes do 15 de maio publicaránse as listaxes definitivas e o período de formalización de matrículas será do 20 ao 30 de xuño.

O 25 de xuño, as 10.30 horas terá lugar unha primeira reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil, que comezan a súa andaina no noso centro.

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-20

A Admisión do alumnado neste Centro para o curso 2019-20 axustarase á lexislación e proceso que se indican:

1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos… . (DOG 26/12/2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos … (DOG 01/02/2017).

- Instrucións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, se é o caso.

2.- OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES: 

3.- ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

A área de influencia deste Centro ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no mapa de zonas educativas proporcionado polo Concello.

Aos efectos de continuidade dos estudos de educación secundaria obrigatoria o Centro está adscrito ao IES Sardiñeira.

4.- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA E. INFANTIL 

  • Luns 25 de febreiro ás 16:30 
  • Luns 11 de marzo ás 16:30

5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550B), poderanse recoller na conserxería do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 20 de marzo (de 9:00 a 14:00 h), acompañadas de (art. 16):

  • Copia do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a.
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar copia do convenio regulador ou resolución xudicial.
  • A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

6.- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 25 de marzo ao 5 de abril.

Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (artigos 14. bis e 17.1).

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente (art. 17.2).

7.- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO 

  • Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles (art. 30.3).
  • Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes (artigos 31.2 e 32).

8.- PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula na Secretaría do Centro, do 20 ao 30 de xuño (de 9 a 14 h). Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida. (artigos 40.2a e 40.3).

9.- RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CENTRO 

  • Profesorado Especialista en E. Infantil, E. Primaria, E. Física, Música e Inglés.
  • Departamento de Orientación Escolar: Orientadora, Profesorado especialista en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
  • 2 Aulas de PT.
  • Aula de AL.
  • Aula de Inglés.
  • Aula de Relixión.
  • 2 Aulas de informatica.
  • Ximnaxio.
  • Aula de usos múltiples.
  • Biblioteca.

10.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Os servizos complementarios que ofrece o Centro son:

  • Madrugadores (7:30 - 9:00h). Organizado e xestionado pola ANPA do Centro: (empresa JARDANAY)

* Horario da ANPA: estará exposto na porta do local da ANPA

Teléfono ANPA: 881 960 301

Web: http://anpasancristobal.blogspot.com

e-mail: www.anpasancristobal@gmail.com

  • Comedor Escolar (14:00 – 16:00h.). Organizado e xestionado pola ANPA do Centro: (empresa JARDANAY)

* Horario da ANPA: estará exposto na porta do local da ANPA

Teléfono ANPA: 881 960 301

Web: http://anpasancristobal.blogspot.cpm

e-mail: www.anpasancristobal@gmail.com

Lexislación aplicable:

  • Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/2007).
  • Orde do 21 de febreiro de 2007, pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).

 

 

  • Actividades extraescolares: A ANPA informará durante o mes de setembro sobre as actividades extraescolares que se poidan organizar así como dos seus horarios.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou a través da aplicación “admisionalumnado” .

Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo (art. 14).

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

Darán lugar á perda do dereito de prioridade (art. 34):

  • A presentación da solicitude fóra de prazo.
  • A presentación de máis dunha solicitude.
  • A presentación de solicitudes estando vinculado por reserva. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.
  • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.
  • As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación: admisionalumnado, utilizando o código de solicitude e o nº do DNI da persoa solicitante (Art. 13.3). 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2019

Este ano as xornadas de portas abertas, para que poidades visitar o noso cole de cara ao proceso de matricula para o curso 2019/20 serán os días luns 25 de febreiro e luns 11 de marzo ás 16.30 horas

Esperámovos!!

Admisión alumnado curso 2013-2014

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013-14

 

A Admisión do alumnado neste Centro para o curso 2013 -14 axustarase á lexislación e proceso que se indican:

1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

            - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos… . (DOG 26/12/2012)

            - Orde do 12  de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

            - Instrucións da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U.

2.- OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES:


Educación Infantil:

Hai 44  prazas dispoñibles para alumnos de 3 anos. As seis restantes son postos escolares a disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG d0 15)

Educación Primaria:

Non hai prazas dispoñibles.


3.- ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

A área de influencia deste Centro ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no mapa de zonas educativas proporcionado polo Concello. Aos efectos de continuidade dos estudos de educación secundaria obrigatoria o Centro está adscrito ao IES A SARDIÑEIRA.

4.- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA E. INFANTIL

Co obxecto de que as persoas interesadas en solicitar praza para E. Infantil poidan coñecer o noso Centro, este ano teremos as seguintes sesións de portas abertas:

         18 de marzo e  15 de abril, ás 16:30 horas.

5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (a recoller en conserxería ou descargar no portal da Consellería de Educación), deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 5 ao 17 de  abril, debendo ir acompañadas da copia do DNI do alumno/a ou da copia do libro de familia.

6.- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS.

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente. O prazo de presentación desta documentación é do 18 de abril ao 3 de maio; porén, para facilitar trámites e viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

7.- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- Até 10 de maio: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles.

- Antes do 31 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.

8.- PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 2  ao 22 de xuño. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.  

9.- RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CENTRO

  • Profesorado Especialista en E. Infantil, E. Primaria, E. Física, Música e Inglés.
  • Departamento de Orientación Escolar
  • Orientador.
  • Profesorado especialista en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
  • Aula de PT.   Aula de AL.  Aulas de Informática.  Aula de Música.  Aulas con dotación TICs.
  • Biblioteca - Salón de Usos Múltiples. Pista polideportiva cuberta. Ximnasio.
  • Comedor escolar.   Parque Infantil.

 10.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Os servizos complementarios que ofrece o Centro son:

10.1.- Comedor Escolar. ( 14.00 a 16.00 h. )

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

Horario da ANPA: Martes de de 9.00 a 10.00 h.  e 16:00 a 17:00 h.

                                Xoves de 9.00 a 10.00h.

Teléfono ANPA: 981240005          e-mail: anpa.sancristobal@gmail.com

Lexislación aplicable:

  • Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/2007).
  • Orde do 21 de febreiro de 2007, pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).

10.3.- Madrugadores (7:30 - 9:00h). 

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

INFORMACIÓN IMPORTANTE

A  solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar. Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ámbolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En tódoloas casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Darán lugar á perda do dereito de prioridade:

. A presentación da solicitude fóra de prazo.

. A presentación de máis dunha solicitude.

. A presentación de solicitudes estando vinculado por reserva. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.

. As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumn@.

. As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

 

            A Coruña, a 18 de marzo de 2013.

 A Secretaria                                                                Vº. e Prace.

                                                                                       O Director,

 Asdo.: Mª Eugenia Villarino Rodriguez                  Asdo.: Manuel G. Souto Facal

 NOTA: Se se producise algunha vacante no ao longo do proceso, será adxudicada segundo o baremo publicado no tabolaeiro de anuncios do centro.

IMPRESOS

Nos seguintes enlaces podedes atopar distintos impresos que vos poden ser de utilidade para realizar distintos trámites administrativos no centro. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut