Skip to Content

HISTORIA E RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O SAMÁIN 2019

A FESTA DAS CABAZAS

Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo.

A rapazada que colaborara na colleita era agasallada con algunha destas cabazas para que nelas tallaran caveiras arrepiantes, canto máis arrepiantes moito mellor. Colocábanas a noite do 31 de outubro, cunha candea dentro, nos camiños, entre as silveiras, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo á xente que pasase a rentes delas.

AS ORIXES DO SAMAÍN

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados volven visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

OS CELTAS

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, mais ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

 

 

Equipo de dinamización lingüística

CEIP Wenceslao Fernández Flórez A Coruña



page | by Dr. Radut