Skip to Content

CANCIÓN DE ENTROIDO 2020

CANCIÓN DO ENTROIDO 2020. CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

Música: "LA VIDA ES UN CARNAVAL" de Celia Cruz. Letra: "Hai que inventar"

 

(INTRODUCIÓN MUSICAL): Cos kazoos faise a melodía, coas maracas o pulso e cos tambores un

ritmo.

A bombilla patentouna Thomas Edison.

O Iphone foi a revolución

eo semáforo nos indica “para ou pasa”.

Albert Einstein formulou a relatividade.

Ada Lovelace foi a primeira muller programadora.

Grandes xenios!!

 

Ai, hai que inventar!

Transformemos a realidade!

Axudemos á humanidade! (OH OH OH) (Bis 3 veces).

 

(MÚSICA)

 

Xa non hai códigos de barras, sempre non.

Agora lévase moito máis o tan famoso QR. Que moderno!

O radio descubriuno a física Curie para (pra) radiografías poder facer.

A wifi foi outra muller.

Que importantes!

 

REFRÁN ( 4 veces)

 

MÚSICA (sÓ UNHA VEZ)- CORTE-

A INVENTAR! É para gozar!

 

HAI QUE INVENTAR! Para vivir!

A INVENTAR! Para transformar!

HAI QUE VIVIR CREANDO!

A INVENTAR! A vida é creación!

HAI QUE INVENTAR! Todos podemos pensar!

A INVENTAR! Ai señoras!

HAI QUE VIVIR CREANDO!

A INVENTAR!Todo aquel que pense

 

HAI QUE INVENTAR! na igualdade real

A INVENTAR! debería tratar

HAI QUE VIVIR CREANDO! de deixalas voar!

 

MÚSICA DISTINTA (TROMPETAS...)

Para aqueles que non avanzan! Uah!!

Para aqueles que só critican! Uah!

Para aqueles que non apoian! Uah!

Para aqueles que non axudan! Uah!

Para aqueles que non cren na igualdade! Uah!

Para aqueles que usan mal os inventos! Uah!

Para aqueles que entorpecen! Uah!

Para aqueles que non queren ciencia! Uah!

(MÚSICA DE TROMPETAS...)- CORTE

(MÚSICA DO PRINCIPIO)+ FINAL



page | by Dr. Radut