Skip to Content

PEDALEANDO ATA A TORRE

30/05/2019 16:44

POR FIN!! O CONSEGUIMOS!!

O curso pasado a chuvia deixou ao alumnado de 6º coas ganas, pero este ano o sol permitiu aos maiores do cole disfrutar das bicicletas pola cidade.

O noso obxectivo, chegar ata a Torre de Hércules e aprender cunha visita guiada polo seu interior.

Así foi, pedalearon como campeóns, con moita prudencia e respeto entre eles, divertíndose mentres estreaban os novos tramos de carril bici da nosa cidade...

Todo isto foi posible, entre outras cousas, á colaboración dalgúns familiares que acompañaronnos durante o trayecto, moitas grazas por elo.

En definitiva, unha excursión que resultou un éxito para todos, e que confirma a boa traxectoria do noso cole no que respecta á educación vial.

Somos uns fenómenos!!

A próxima semana será o turno para as nenas e nenos de 5º, ide preparando as bicis!!

Álbum: Visitas escolares -> Torre de Hércules 6º


album | by Dr. Radut