Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2020

A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas.

 

Non obstante, a Real Academia Galega, nunha medida sen precedentes na historia da institución, decidiu aprazar a sesión plenaria extraordinaria que se celebra todos os anos do 17 de maio ao outubro. Será entón, despois do verán, cando se leven a cabo os actos que este ano dedican as Letras Galegas á figura de Ricardo Carvalho Calero.

As consecuencias da crise sanitaria provocada por COVID-19 obrigaron á institución académica a aprazar tanto este pleno extraordinario como todos os eventos previstos nas datas anteriores, que será ata despois do verán.

A data elixida para celebrar a sesión plenaria será o 31 de outubro, xusto o día seguinte á conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.

Aínda así, non queríamos deixar pasar esta data sen facer unha pequena homenaxe ao autor a través deste vídeo dos compañeiros do Colexio San Pío de Ourense: 

 

Por outra banda, aproveitando as datas, gustaríanos recomendarvos "Un paseo pola música de Galicia", unha web con moitos recursos para percorrer a nosa cultura musical a través do tempo. 

Esperamos que o disfrutedes!!



page | by Dr. Radut