Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 16/01/2020 11:06
Enmarcada dentro das actividades para a próxima conmemoración do Día da Paz, a pasada semana recibimos a visita de María e Bebe, membros da ONG "Miradas al mundo". Explicáronnos como é a vida para os pequenos de Guinea-Bisaú, o seu día a día, as súas tarefas, os seus xogos... Tamén contáronnos todas as melloras que teñen feito na aldea grazas a axuda de todos, xa que durante nos últimos anos o noso cole ten organizado distintas actividades a través das cales colaboramos con esta asociación. Foi un momento de convivencia moi interesante e divertido, xa que ademáis de coñecer aspectos da rutina diaria en África, rematamos bailando varias danzas africanas. Moitas grazas pola visita, pola vosa labor e por achegarnos esta realidade ata a nosa escola. |