Síguenos nas redes sociais!
Eventos
O pasado luns, 29 de abril, as nenas e nenos de 5º primaria visitaron o Castro de Elviña.
Aprenderon moitas cousas moi interesantes e gustoulles moito.
Os nenos de 4º de primaria fixeron o pasado martes, 30 de abril, un percorrido pola Coruña de Picasso.
Comezaron visitando a Casa Museo, que lles encantou, e no que descubriron moitas curiosidades do pintor, para continuar pola súa escola: o IES Eusebio da Guarda, onde visitaron o sue salón de actos, abraiados por toda a arte que conten.
Finalmente remataron na plaza de Pontevedra realizando un pequeno resumo da visita antes de volver ao colexio.
Hoxe os alumnos de 1º A e 1ºB participaron nas plantacións de primavera do horto do noso cole.
De seguro que estes pementos e tomates saen boísimos!!
Os alumnos de 6º visitaron esta semana o estadio de Riazor, ao C.D. Coruña, dentro do programa Escolas Branquiazuis.