Skip to Content

Programa de reciclaxe de aceite usado de cociña

A partir desta semana o centro participará nun programa de Bioescolas que consiste na reciclaxe do aceite usado da cociña.

Agradeceriamos a vosa colaboración para levalo a cabo facendo chegar ao colexio, tanto persoalmente como a través do alumnado, todo aquel aceite usado de cociña que queirades reciclar.

A condición para isto é que o aceite usado veña en botella de plástico (perfectamente cerrada) e chea (non pode vir a medio encher).

O contedor estará situado na entrada principal do colexio, dentro do recinto.

A dirección.



page | by Dr. Radut