Síguenos nas redes sociais!
Preparando o Entroido
MANDADOS DO ENTROIDO 2022
CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Este curso tampouco
poderemos realizar
a comparsa polo barrio,
pero si os mandados:
A cuestión é conseguir
complementos divertidos
que sexan acumulativos
para o venres vestir.
LUNS:
Aínda que o venres é o día
daríame moita alegría
se o luns puideses vir
cun mantón de Manila.
MARTES:
Non te esquezas
non o olvides
o martes debes traer
tamén a parte de arriba.
MÉRCORES:
O mércores traerás,
queda moi ben que os leves
un complemento nos ollos,
polo tanto uns bos lentes.
XOVES:
Non logro adiviñar
de que te vas disfrazar.
Trae a parte de abaixo
para podelo acertar.
VENRES:
E chegou o día grande
e chegou o grande día!
Pon o pucho, o sombreiro
e todo o conxunto enteiro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mandados Entroido 2022.pdf | 33.17 KB |