Skip to Content

Magosto

Benqueridas familias!!!

Temos o pracer de darvos unha boa nova:

VOLVE O MAGOSTO!!!

O venres 12 de novembro asaremos castañas no colexio e comerémolas no patio respectando sempre as medidas de seguridade.

Solicitamos de novo a vosa colaboración para:

- Traer unha morea de castañas PICADAS durante os días 10 ou 11.

- Un deses días ou o venres 12 teñen que traer un castañeiro feito na casa para gardar as castañas e as cascas. Dámosvos a continuación unha idea de como facelo: Necesitades un brick de leite baleiro e limpo, cortado pola metade tal e como se indica no debuxo. (Podedes facelo sen cortalo nun lateral para poder dobralo). Non esquezades o cordón para poder colgalo do pescozo e ter as mans libres para poder comer moitas castañas!! Forrádeo e decorádeo como vos guste!!

MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.



page | by Dr. Radut