Skip to Content

Información ás familias. Educación Infantil

Horarios

O horario LECTIVO do centro é de 9:00 a 14:00h.

 

Servizos complemetarios:

No centro temos servizo de madrugadores, comedor e actividades extraescolares. Estes servizos son dependentes da ANPA do centro.

http://anpasancristobal.blogspot.com/

Facebook: Anpa San Cristóbal                    Instagram: anpasancristobal

 

Relación familia-escola:

O centro cooperara estreitamente coas familias con obxecto de respectar a responsabilidade fundamental das nais, pais e titores/as nesta etapa.

Faranse reunións cos pais e o intercambio de información levarase a cabo a través de entrevistas persoais (1 hora semanal de atención ás familias), a través de informes individualizados, aula virtual ou "AbalarMóbil"...

 

Merendas:

Os alumnos/as traerán a merenda ao centro escolar fomentando a alimentación saúdable. Em infantil, esta merenda levarase a cabo na propia aula e servirá para traballar diversos contidos en torno a “Educación para a saúde e o consumo responsable”.

 

Metodoloxía de traballo en infantil: 

A etapa de Educación Infantil é concibida coma un todo globalizado. A mellor forma de aprender é experimentando e descubrindo por nos mesmos polo que o xogo é a base da nosa aprendizaxe. Pretendemos crear unha escola activa, participativa, integradora e comprometida coas necesidades do alumnado.

            Cremos que a educación é un proceso construtivo. Potenciamos o exercicio constante da exploración e a procura de respostas. Axudámoslles a pensar, razoar e solucionar conflitos de xeito independente.

            Recoñecemos as diferenzas individuais respectando as distintas necesidades, capacidades intelectuais, personalidade e ritmos de madurez. Cada un vai desenvolvendo as súas destrezas aprendendo a enfrontarse positivamente aos seus fracasos e frustracións. Procuramos que o/a neno/a sexa capaz de aceptarse a si mesmo.

 

Que aprendemos?

Linguaxe:

Damos a coñecer aos nenos/as as funcións da linguaxe tanto oral coma escrito co fin de iniciarse na aprendizaxe da lecto-escritura. A nosa meta é axudar ao alumnado a empezar a ler de xeito comprensivo a través de actividades lúdicas e dinámicas.

Lóxica:

            Achegamos ao alumnado ao coñecemento dos obxectos, ao descubrimento das súas propiedades e finalmente á representación matemática das mesmas. O desenvolvemento da observación, a intuición, a creatividade e o razoamento lóxico son principios básicos sobre os cales se constrúe o pensamento matemático.

O mundo que nos rodea:

            Consideramos que o coñecer, explorar e  amar a natureza e a comunidade que nos rodea. Inspiran a creatividade, a tolerancia e abren as portas da “imaxinación”.

A psicomotricidade:

            A estimulación psicomotriz nos nenos/as en idades temperás resulta moi beneficiosa para o seu desenvolvemento físico e psicolóxico. A psicomotricidade vai facilitar a adquisición do esquema corporal permitindo que o neno/a sexa consciente do seu propio corpo, favorece o control muscular e axuda ao neno/a domine o seu corpo e movementos con maior facilidade; contribúe a perfilar o control postural, a lateralidade, o equilibrio, a coordinación e o sentido do espazo; estimula a percepción e exploración do entorno; axuda a que se oriente no espazo e no tempo; propicia as relación sociais e estimula a expresión emocional.

  

Plurilingüismo:

Como centro plurilingüe que somos, desde os 3 anos temos un proxecto de inmersión en inglés que axudará a desenvolver a comprensión e expresión oral.

Áreas Implicadas:

-Inglés: o horario semanal da área de lingua inglesa é segundo a Orde de 25 de xuño de 2009 dunha hora semanal.

O noso proxecto contempla 2 sesións semanais de 50 minutos antes/despois do recreo que se reparten do seguinte xeito: 30 minutos da área propiamente dita en inglés e a continuación a merenda  durante 20 minutos no que aproveitamos para desenvolver a lingua nunha situación  real de comunicación: fórmulas de cortesía, peticións, vocabulario específico da alimentación, hixiene, etc.

-Informática: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula de informática. Na hora de informática os/as nosos/as alumnos/as familiarizaranse co ordenador, tablets e scornabots. Usarán diferentes aplicacións e poderán afondar na aprendizaxe das diferentes áreas do currículo pero usando sempre a lingua estranxeira.

-Música: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula propia de cada grupo en 3 e 4 anos, e na aula de música en 5 anos. Coñecerán vocabulario e conceptos propios do currículo da área de música en inglés. Sen esquecer a tradición musical de Galicia,  poñerase especial atención ás músicas do mundo de fala inglesa.

 

 

Actividades complementarias:

As actividades complementarias son aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Estas poderán ser propostas polo concello ou polo propio centro.

 

Hábitos de hixiene:

Os nenos/as de Educación Infantil deberán controlar esfínteres salvo situacións excepcionais. Os alumnos/as de 4º curso (3 anos) terán no centro escolar unha muda.

As familias facilitarán ao centro un teléfono de contacto permanente no caso dalgún tipo de urxencia ao longo da mañá.

 

Atención á diversidade: 

O centro conta con Departamento de Orientación (constituído por un especialista de AL (audición e Linguaxe) e PT (Pedagoxía terapéutica). Os alumnos/as que presenten algunha necesidade educativa de apoio educativo, poderán (previo informe psicopedagóxico), dispor deste apoio nas aulas segundo a dispoñibilidade e recursos do centro.

 

Relixión: 

Para os que escollan esta opción:

A proposta educativa desta asignatura favorece o proceso educativo do alumnado, a

sensibilidade espiritual e o despertar da experiencia relixiosa. Axuda a comprender a

tradición cultural, as súas expresións e significado en contextos plurais e diversos.

Tamén complementa a educación en valores humanos.



page | by Dr. Radut