Skip to Content

Concerto didáctico CMUS

O 29 de marzo de 2023 fomos convidados polo CMUS da Coruña a un Concerto Didáctico titulado “A máquina do tempo”. Asistimos os nenos e nenas de 2º a 5º.

A través desta experiencia viaxamos polo tempo dende o Barroco no século XVII, pasando polo Clasicismo no século XVIII e indo ao séculos XX e XXI.

O alumnado do Conservatorio tocou distintos instrumentos, agrupacións instrumentais e obxectos sonoros: bidóns, piano, clave, quinteto de vento, saxofóns, acordeóns acompañados de frauta travesa e contrabaixo, orquestra de corda fretada e ensemble de guitarras e arpa.

Foi emocionante esa viaxe!! Volvimos fascinados/as!! A música fainos aflorar emocións e o nivel musical foi moi alto.

Grazas!!!

Concerto didáctico CMUS



page | by Dr. Radut