Skip to Content

Campaña de recollida de alimentos

Estimadas familias:

Comprácenos presentar a campaña de recollida de alimentos: “Wences pola Paz”.

Co motivo da conmemoración do día Escolar da Paz e a Non Violencia, dende o colexio animámosvos a participar na campaña de recollida de alimentos organizada coa colaboración do Banco de Alimentos Rías Altas. BALRIAL é unha Asociación de carácter social, independente e sen ánimo de lucro. O seu obxectivo básico e principal é recoller alimentos e repartilos entre as institucións benéficas da provincia de A Coruña, para que estas as entreguen ás persoas máis desfavorecidas.

Dende o colexio, co obxectivo de potenciar no alumnado os valores de axuda e colaboración ao máis necesitado e de recoñecer e favorecer condutas pola Paz, solicitamos a colaboración nesta campaña que manteremos ao longo de toda a semana: dende o martes 24 ao luns 30 de xaneiro. Como podedes ver no cartel da campaña que se achega, os alimentos que se solicitan son: conservas de peixe e vexetais, aceite, leite, cacao, galletas, legumes e calquera alimento non perecedoiro.

Sen máis, agradecer a vosa colaboración e axuda.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS: WENCES POLA PAZ!

Campaña solidaria nos centros educativos

AdxuntoTamaño
Cartel campaña solidaria nos centros educativos.pdf2.48 MB


page | by Dr. Radut