Día da Muller

LOLA DE PENELAS. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO

    O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por terceiro ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas na historia das Terras de Lemos.

    Este ano propónennos a figura de Lola de Penelas, unha oleira de Gundivós (Sober) do século XX para destacar o papel das mulleres artesás galegas, especialmente as mulleres oleiras deste Concello.

   De Lola de Penelas dise que era unha muller forte e traballadora, que en tempos chegaba a facer trinta ou máis olas nun día e que visitaba as casas coa súa roda para reparar as pezas que sufrían danos, levando tamén con ela aos seus fillos.

   En colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober, organizamos esta actividade para coñecer máis sobre este día e sobre a figura desta muller. Julia explicounos o motivo polo que a conmemoración é o 8 de marzo e os/as biblioaxudantes de 6º de Primaria léronnos o conto escrito por Paula Vázquez Verao.

 
 
 
Despois coñecimos e decoramos algunhas das pezas representativas da Olería de Gundivós:
 
 
      
 
 
 
Na seguinte publicación do CIM de Monforte de Lemos podedes consultar toda a información sobre esta data e sobre Lola de Penelas

DÍA DA MULLER: MARÍA CASTAÑA NA NOSA BIBLIOTECA

    Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; unímonos as actividades propostas polo Colectivo Lemos Le do que a nosa biblioteca forma parte.
 
   Este colectivo organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos e está dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
 
    Desde a nosa biblioteca participamos no obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” na que nos achegamos á vida e á historia desta muller a través do power point que nos envía o CIM (Centro de Información á Muller de Monforte) e que podes ver facendo click na seguinte imaxe.
https://drive.google.com/file/d/0B1dZpvoiedBadzh1XzQwaU5PYnM/view?usp=sharing
 
    Hoxe, fixemos o traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres.
 

 

   Despois fixemos uns debuxos sobre a nosa protagonista. 
 

II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA

Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
 
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
 
 
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
 
 
-      O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de María Castaña.
 
 
-     II Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18 anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de 2 a 4 páxinas).
 
 

       -      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).

EXPOSICIÓN DE BANDA DESEÑADA: INÉS DE CASTRO

    Chegou ao noso centro para quedarse uns días; a exposición dos traballos de Banda Deseñada presentados o ano pasado ao Certame Mulleres de Lemos: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo.

    
    Recordámosvos que estes traballo están feitos por alumnos e alumnas de ESO que como nós, traballaron a figura desta muller o ano pasado para conmemorar o Día da Muller.
 
      Esperamos que vos gusten os seus traballos!!
 

INÉS DE CASTRO. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO

    O pasado curso; participamos desde a nosa Biblioteca no proxecto Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo a proposta do CIM de Monforte e o Colectivo Lemos Le integrado polas bibliotecas escolares, municipais e asociación de libreiros da comarca de Terra de Lemos: 

    
    No seguinte enlace podedes recordar o traballo que fixemos:

 

    
    Unha das actividades realizadas grazas a creatividade dos nenos e as nenas foi a ilustración da historia desta muller monfortina elexida este ano 2014 para destacar a figura dunha muller das Terras de Lemos como protagonista no día 8 de marzo, día da Muller.
   
    Como resultado deste traballo; vimos de asistir á presentación do conto titulado  Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo no que cada colexio participante se encargou de ilustrar unha parte da vida desta muller. 

    Anós tocouno cerrar o conto, coa páxina que podedes ver esposta na seguinte foto; nela quixemos representar que esta historia e esta figura feminina mantense viva desde a época Medieval ata a actualidade; desde os trovadores ata o encerado dixital

 
 
 
    Algúns exemplares dos contos resultantes foron entregados neste acto ás bibliotecas escolares e as Bibliotecas Municipais; así que agora podedes consultalos na nosa biblioteca e na Biblioteca Pública Municipal; ou acceder a el dixiltamente clickando na súa portada
 
http://www.monfortedelemos.es/recursos/documentos/INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo.pdf   http://www.monfortedelemos.es/recursos/documentos/INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo.pdf

I EDICIÓN DO CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS. INÉS DE CASTRO

    O colectivo Lemos Le coincidindo co Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo e coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos; convoca a I Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos que este ano versará sobre a figura de Inés de Castro.
 
   Para este certame establécense dúas modalidades:
 
- Banda deseñada de 12 a 18 anos
- Traballo de divulgación en calquera xénero literario a partir dos 18 anos.
 

    Os traballos poderán presentarse en calquera das bibliotecas integrantes deste colectivo ata o día 30 de maio.

    As bases deste pódense consultar no documento adxunto.

Cartel
 
    No centro, para conmemorar tamén este día, os alumnos de 5º e 6º presentáronnos unha proxección elaborada polo CIM de Monforte de Lemos, que resumía a vida e a historia de Inés de Castro. Despois os nenos e nenas do colexio fixeron uns bonitos debuxos sobre esta muller
presentación Inés de Castro  presentación Inés de Castro
 
presentación Inés de Castro  presentación Inés de Castro
 
 
Distribuir contido