Excursións

VISITA IES A PINGUELA (16/5/2018)

    Cos compañeiros de 5º e 6º de Primaria do CEIP Monte Baliño de Pantón, os nosos alumnos/as foron a visitar o IES A Pinguela.

     Alí coñeceron ao seu futuro instituto e disfrutaron dunha sesión no Planetario Matías Vázquez.

 

  Podedes consultar a publicación desta visita no Diario de Lemos aquí:

I XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E VALORIZACIÓN DO RURAL (22/3/2018)

    A asociación Sober Vivo acaba de organizar as I Xornadas de Dinamización e valoración do rural.

    Unha das actividades destas xornadas foi a Xornada Didáctica na que participamos hoxe: A infancia e o coidado do Medio Ambiente que comezou no Souto de Lobios.

  Desde alí fomos ao Piñeiral de Doade.

    Despois de repoñer forzas, foi o momento de plantar 200 castiñeiros no monte de Doade coa axuda do Distrito Forestal Terras de Lemos, membros da asociación e algúns papás.

  

   

    Podedes ver todas as imaxes desta actividade na GALERÍA  DE  IMAXES. Ademais tamén estivo presente a Televisión de Galicia emitindo en directo para o seu programa A Revista. As conexións con nós, prodúcense no minuto 18 e no 52.

    Desde o centro queremos dar as grazas aos organizadores destas xornadas por ter en conta ao noso alumnado que veu encantado desta experiencia.

SEMENTAR, SEMENTAREI (21/03/2018)

    O alumnado de 5º e 6º de primaria visitou o viveiro forestal Os Trollos de Bóveda na xornada de convivencia e educación ambiental Sementar, sementarei organizada polo GDR Ribeira Sacra Courel, para escolares dos 13 concellos do seu ámbito territorial.

    No viveiro visitaron a súa aula forestal que ten unha exposición relacionada co ciclo das árbores e a transformación da madeira.

    Ademais participaron nos seguintes obradoiros:

Xermolo de Vida: para coñecer  as dificultades da rexeneración  inicial dun monte, a problemática coas sementes e a forma de solventar este contratempo.
Coa semente as costas: neste taller personalizaron unha mochila de algodón, que trouxeron como recordo da actividade
Comedeiro de aves: realizaron un comedeiro con materiais reciclabes e coñeceron os problemas que sofren as aves tras un incendio.

  

 

   

EXCURSIÓN A SANTIAGO (30 / 10 / 2017)

    A nosa excursión comezou coa asistencia á ópera Guillermo Tell de Rossini adaptada para o público infantil, unha adaptación da compañía La baldulfa.

     Este concerto enmárcase dentro das Actividades Didácticas propostas polo Concello de Santiago no Auditorio de Galicia para centros escolares de toda Galicia. Nesta ocasión coincidimos con 18 centros máis polo que o Auditorio estaba tan cheo que algúns dos nosos alumnos tiveron a sorte de ver a representación desde os palcos.

  

 

 

    Despois da ópera, foi o tempo de comer e xogar un pouco no parque da Universidade antes de dirixirnos ao Parlamento de Galicia. Alí, no Salón dos Reis, recibiunos Raquel Arias, veciña nosa e Secretaria da Mesa do Parlamento.

Despois percorrimos o resto do edificio visitando as súas bibliotecas

 

as salas dos diferentes grupos parlamentarios que compoñen o goberno de Galicia

 


a sala das Letras Galegas

 e, como non, o hemiciclo onde o noso alumnado puido sentarse no sitio dos

Deputados e Deputadas do goberno; incluso Raquel, que voltou a despedirnos, cedeunos o seu sitio.

 

Ao rematar a visita, cada neno recibiu un libro do Parlamento e un despegable para que non nos olvidemos de todo o aprendido nesta visita; e para a biblioteca tamén uns exemplares dos discursos parlamentarios dalgúns dos presidentes de Galicia

   

Queremos agradecer a Raquel o seu interese constante polo noso centro e mandarlle unha aperta moi forte!

GALERÍA  DE  IMAXES

II ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO (4/10/2017)

    A asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, organizou a II Andaina Escolar polo Camiño de inverno para dar a coñecer e poñer en valor esta rota xacobea que é oficial desde agosto de 2016.

    O alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso centro participou nesta andaina xunto a outros 600 escolares de 12 centros educativos dos concellos veciños e estamos moi orgullosos deles xa que percorreron os 6 km sen importar as características do percorrido nin o sol que facía.

PARABÉNS A TODOS POLO  VOSO ESFORZO!!

 

   Neste percorrido que comezou en San Lourenzo (Pantón) e rematou na Barxa - Fión (Saviñao), puidemos disfrutar do camiño en si mesmo e tamén da riqueza desta zona: vexetación, restos romanos, arquitectura relixiosa, pazos...

 

   A andaina rematou coa visita ao Ecomuseo de Arxeriz onde tamén estaban os xornalistas de Onda Cero Monforte facendo un programa dedicado a esta andaina e alí mesmo, en directo, a xornalista Manolo Porto entrevistou a algúns alumnos do noso colexio.

   

  GALERÍA  DE  IMAXES

VÍDEO  DA  ANDAINA  PUBLICADO  POLA  ASOCIACIÓN

REPORTAXE  TELEVINTE CHANTADA

 

EXCURSIÓN A OURENSE (9/6/2017)

    O Concello de Sober colaborou co colexio na excursión que os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos fixemos á cidade de Ourense. En concreto, o Goberno local pagou os billetes de tren de alumnos e profesores.

    Saímos en tren da estación de Canabal ás 11:15 horas; onde podiamos ver aos nenos e nenas moi emocionados xa que a maioría nunca viaxara en tren.

   Ao chegar á cidade de Ourense camiñamos desde a estación ata a zona vella, onde nos esperou un guía para visitar a zona turística de Ourense, con parada na Catedral e nas Burgas. Pois xa se sabe que

"Tres cousas hai en Ourense

que non hai en España,

o Santo Cristo, a ponte romana

e as Burgas fervendo auga"

 

     O xantar foi na Alameda e despois tivemos tempo para disfrutar no parque antes de voltar a estación de tren cara Sober.

GALERÍA  DE  IMAXES

EXCURSIÓN A GALIPARK (2/6/2017)

    O destino elexido este ano para a excursión de fin de curso foi Galipark, un parque multiaventuras situado en Padrón. Para que esta excursión se levase a cabo, foi moi importante a aportación económica da ANPA que pagou máis da metade do custo das entradas.

     Ata alí nos desprazamos para disfrutar de moitas actividades:

circuitos de altura e tirolinas,

 

 

 hinchables,

 

paintball Láser-tag,

 

tiro con arco,

   

 piscina e deslizadores acuáticos.

 

Unha excursión moi divertida que podedes ver en imaxes seguindo o enlace:

GALERÍA  DE IMAXES

 

MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA: Excursión (30/5/2017)

    Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, participaron nas escursións organizadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dentro da campaña "Move ficha pola Ribeira Sacra".

 

   Os colexios pertencentes ao Río Miño, visitaron o Sil; e os do Sil, visitaron a zona do Miño. Por isto, o noso colexio, compartindo excursión co CEIP A Pobra de Brollón visitaron Santa María de Pesqueiras, o pobo de Belesar, o Dolmen de Abuime, o Concello de O Saviñao e a súa biblioteca.

 

 

El Progreso, 31/5/2017

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO (28/4/2017)

    Santiago de Compostela é unha cidade que ofrece moitas posibilidades para o alumnado.

    Unha destas actividades son os Concertos Didácticos organizados no Auditorio de Galicia anualmente pola Real Filarmonía de Galicia.

    O concerto ao que asistimos este curso foi Pedro e o Lobo, unha sinfonía musical para nenos escrita por Serguéi Prokofiev en 1936 por encargo do Centro de Teatro Infantil de Moscú coa intención de divulgar a cultura musical nos nenos.

 

   Esta pequena sinfonía conta a historia dun neno chamado Pedro, que vive nun pobo de Rusia onde están atemorizados por un lobo do bosque. Se queres saber máis desta historia, aquí deixamos a versión do programa "El Conciertazo"

   Pola tarde, visitamos o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela; onde puidemos averiguar moito dos seres vivos e dos seus ecosistemas.

 

 

 

 

 

Tamén nos ensinaron moitas cousa relacionadas cos minerais e as rcohas.

Para rematar, puidemos xegar unha partida á oca científica na que repasamos todo o aprendido neste Museo

  Para  ver  todas  as  imaxes  desta  excursión, preme  na  GALERÍA  DE  IMAXES

EXCURSIÓN FIN DE CURSO - A CORUÑA (17/06/2016)

   Este ano na excursión de fin de curso fomos A Coruña e aínda que o tempo non nos acompañou como para ir á praia; puidemos facer moitas cousiñas interesantes.

    O primeiro unha parada para coller forzas tras a longa viaxe en autobús

    Despois visitamos o Museo de Ciencia Y Tecnología (MUNCYT) onde nos recibiron uns robots e onde puidemos ver moitos inventos abraiantes: o primeiro ordenador que houbo en España, a lámpada do faro da Torre de Hércules, unha locomotora a vapor, un jumbo de Iberia...

   

 

    Tras xantar; a seguinte parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí aprendemos moito cunhas guías que nos foron explicando todas as especies e curiosidades deste acuario; incluso que entre todos os nenos e nenas que fomos non chegamos a ser tan grandes como o bebé balea representado con luces de neón.

 

  

  Para rematar a excursión, unha merenda ao pé da Torre de Hércules

VER  TODAS  AS  IMAXES  DA  EXCURSIÓN

Distribuir contido