I XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E VALORIZACIÓN DO RURAL (22/3/2018)

    A asociación Sober Vivo acaba de organizar as I Xornadas de Dinamización e valoración do rural.

    Unha das actividades destas xornadas foi a Xornada Didáctica na que participamos hoxe: A infancia e o coidado do Medio Ambiente que comezou no Souto de Lobios.

  Desde alí fomos ao Piñeiral de Doade.

    Despois de repoñer forzas, foi o momento de plantar 200 castiñeiros no monte de Doade coa axuda do Distrito Forestal Terras de Lemos, membros da asociación e algúns papás.

  

   

    Podedes ver todas as imaxes desta actividade na GALERÍA  DE  IMAXES. Ademais tamén estivo presente a Televisión de Galicia emitindo en directo para o seu programa A Revista. As conexións con nós, prodúcense no minuto 18 e no 52.

    Desde o centro queremos dar as grazas aos organizadores destas xornadas por ter en conta ao noso alumnado que veu encantado desta experiencia.