Día da árbore

A NOSA SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA NA PRENSA (30/03/2017)

El Progreso, 30/03/2017
 
Aínda que foi unha pena que recortaran a foto orixinal

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA: Pingas de auga (24/3/2017)

    Para rematar as actividades adicadas á Semana da árbore e da Auga, o alumnado de Infantil B fixo unhas graciosas pingas de auga para recordarnos que sen ela non existiría a vida.

    Primeiro encheron unha botella de arroz cum embude de papel. Despois poñendo os globos naas botellas, encheron as pingas. Por último, só quedaba decoralas.

       

  

PLANTAMOS UN AMENEIRO (24/3/2017)

    Ademais dos libros que nos enviaron da Deputación, tamén nos enviaron un pé de ameneiro para plantar no colexio e incrementar a presencia de especies no centro escolar así como o respecto pola natureza.

     Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso de plantación:

 

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (24/3/2017)

    Para o alumnado de Primaria a Deputación de Lugo publicou o libro Salven os ameneiros! escrito por X. A. Perozo e ilustrado por Viki Berre.
 
    Héctor, Ángel e Mateo foron os biblioaxudantes encargados de investigar sobre esta árbore e transmitirllo aos compañeiros. Tamén nos puxeron un vídeo sobre a desforestación e coordinaron o posterior debate sobre este problema e como combatilo, as especies en perigo de extinción e o cambio climático.
 

 

   Tamén leron para os demais as primeiras páxinas deste libro... pero para chegar ao final e descubrir que pasa, cada alumno recibiu un exemplar.
 

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (23/3/2017)

    Xa van varios anos que participamos nesta semana escolar das árbores e da auga proposta pola Deputación de Lugo coa intención de aprender a respectar e aprender sobre a natureza da nosa provincia.

 

   Eva, o trasno e o ameneiro é a historia que nos propoñen este ano para Educación Infantil; escrita por X.A. Perozo e ilustrada por Estefanía Padullés.

 

   Eva é unha nena que ten un ameneiro que é da súa familia desde hai varias xeracións; pero un día a árbore vese en peligro por un leñador que quere facer leña dela...menos mal que entre ela e o trasno Crispín argallaron unha solución.
 
    Os biblioaxudantes Rocío, Herbert, Manuel e Marco, foron os encargados de ler o conto na biblioteca para todo o alumnado.

    Agora o conto viaxa a casa de cada un dos nenos e nenas de Infantil para que a o respecto e o coñecemento da natureza chegue tamén ás súas familias.

V SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

    Hoxe celebramos no colexio o Día da árbore sumándonos ás actividades propostas na V Semana da Árbore e da Auga organizada pola Deputación Provincial de Lugo.

 
    Esta actividade consta de dúas partes. 
 
   A primeira parte era a plantación dun castiñeiro; esta plantación tivémola que facer de modo simbólico e provisonal nun testo no corredor do centro xa que non parou de chover en toda a mañá impedindo que a plantación fose ao aire libre. Á volta de vacacións transplantarémola ao seu lugar definitivo.
 
 

 

    A segunda parte de actividade consiste na entrega dun libro a todo o alumnado do centro. Para o alumnado de Infantil o libro é "Érase unha vez un  castiñeiro" e para o alumnado de Primaira "O castiñeiro dos desexos" elaborados polo escritor e xornalista Xosé Antonio Perozo
 

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

   Coa chegada da primavera celebramos o "Día da árbore e a auga" xa que sempre é necesario recordar a importancia destes bens imprescindibles para a vida.  Para esta conmemoración o centro sumouse á proposta da Deputación de Lugo:

      O primeiro foi plantar o noso acivro na entrada do colexio onde todos o poidamos disfrutar e continuación bautizámolo co nome de Pinchiños

 

     Para rematar, como agasallo da Deputación; todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria recibiron un libro que será o protgaonista do clube de lectura do mes de abril:

 

 

DÍA DA ÁRBORE 2013

    O día da árbore é o 21 de marzo pero, por mor da chuvia que este ano tivemos nos días anteriores e seguintes a este día; a súa celebración non se fixo na data que correspondía senón que tivo que esperar un pouquiño. Claro que para nós, o importante non é conmemorar o data en sí senón o seu significado polo que esto non supuxo ningún problema.

    Este ano, tamén participamos na campaña da Deputación de Lugo: Reserva da Biosfera. Viaxe polos Ríos e árbores dos Ancares e  plantamos unha nova árbore: un bidueiro

cavamos   plantamos

     Ademais clasificamos as que xa formaban parte do noso entorno; para esto os nenos e nenas fixeron un traballo de investigación na biblioteca do colexio que lles permitiu recabar información sobre cada unha delas.

Traballo de información  Traballo de información  Traballo de información

Traballo de información  Traballo de información

Coa informacion obtida, os nenos e nenas elaboran unha ficha que van a colgar de cada árbore. Así todos os nenos do colexio poderán coñecer as principais características da flora do noso centro.

Fichas de árbores    Fichas de árbores

Colocando as fichas nas árbores  Colocando as fichas nas árbores  Colocando as fichas nas árbores

Colocando as fichas nas árbores  Colocando as fichas nas árbores  Colocando as fichas nas árbores

Colocando as fichas nas árbores




DÍA DA ÁRBORE 2012

COÑECEMENTO  DA  NOSA  FLORA

Un dos obxectivos do noso proxecto é coñecer a flora autóctona do noso concello e este día pareceunos o mellor de todos para este cometido.

Polo noso clima de veráns secos e baixas precipitacións; nesta zona conviven especies típicas da fraga galaica e especies máis mediterráneas.

As árbores que máis abundan son os robledos, castiñeiros, piñeiros, fresnos, carballos, chopos e alcornoques.

Para facer un traballo de investigación de campo, pedímoslles aos nenos que fotografiasen as árbores máis abundantes nas súas parroquias e con todas elas fixemos un xogo manipulativo.

Primeiro fixemos carteis cos nomes das árbores e despois pegamos as fotos nun mural cun espacio debaixo para colocarlles o nome. O xogo consiste en emparellar cada foto co seu nome:

xogo das árbores  xogo das árbores  xogo das árbores

VER IMAXES DA NOSA FLORA


Distribuir contido