Secretaría

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

 

   Hoxe publicouse o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil e educación primaria para o curso académico 2020/21.

 

   Segundo este acordo o novo prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado de que aqueles alumnos/as que aínda non o fixeran será do día 11 ao 18 de maio de 2020.

 

    Para este trámite poderán dirixirse ao noso centro educativo durante o prazo establecido en  horario de mañá.

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19

No seguinte enlace podedes consultar o listado de libros de texto para o curso 2018/19 e o material escolar de Educación Infantil.

 LIBROS  DE  TEXTO

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

    O Claustro de profesores e o Consello Escolar deste centro, acaban de aprobar a actualización do NOFC que é o documento que recolle as Normas de Organización e Funcionamento do Centro.

   No enlace podedes consultalo, xa que o NOFC rixe a toda a comunidade educativa do centro (pais, nais, persoal docente, persoal non docente e alumnos) e a tódolos ámbitos con ela relacionados (aulas, corredores, tempos de de lecer, comedor...)

CALENDARIO ESCOLAR 2017/18

 DÍAS  NON  LECTIVOS  DO  CENTRO:

18  de  setembro

18 de maio

RESERVA DE PRAZA PARA OS NOVOS ALUMNOS. CURSO 2015/2016

01/02/2015 00:00
15/02/2015 23:59
Europe/Madrid

CALENDARIO  DE  PROCEDEMENTO  DE  ADMISIÓN  E  MATRÍCULA

       O prazo para a tramitación de reserva de praza para os novos alumnos e alumnas é do 1 ao 15 de febreiro na secretaría do centro.

 

 

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2013 / 14

    Nos arquivos adxuntos, están a vosa disposición a lista dos libros de texto para o curso 2013 / 14.

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO (CURSO 2013 - 2014)

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, curso 2013-2014

PARA OS ALUMNOS DE 1º, 2º, 3º,4º, 5º e 6º CURSOS de E.Primaria

   Comunícase aos pais, nais e/ou titores dos alumnos de educación primaria  que está aberto ata o día 30 de xuño o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico complementario destinadas ao alumnado matriculado para o curso 2013-2014, en centros públicos, conforma á Orde do 30 de maio de 2013 (DOG núm. 103, do 31), presentando no centro cuberto o Anexo I e presentando a documentación que se debe adxuntar pora optar ás devanditas axudas.
   
    O contido desta orde e a información complementaria está exposta no Portal Educativo da Consellería no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es. Aquí teñen unha ligazón  (axudas de libros de texto) para descargar en formato pdf o Anexo I (solicitude). Tamén llelo facilitaremos neste colexio a través do alumnado.

    De calquera xeito, o centro estará á súa disposición para cubrir o impreso e xerar o vale, sempre que veñan provistos da seguinte DOCUMENTACIÓN:

- D.N.I. de todos os membros da unidade familiar
- Libro de familia.
- No caso de discapacidade dalgún membro, a documentación que a acredite.
- No caso de violencia de xénero, taén a súa acreditación.
- Declaración da renda do ano 2011.

    Para saber cales familias teñen dereito a axuda,  total ou parcial, deben consultar a citada Orde onde se explica como facer o cálculo, o cal deben traelo xa feito ao centro para axilizar o proceso e podelo meter directamente na aplicación. Un resumo de como se fai o cálculo é o seguinte:

    Hai que coller todas as declaracións  da renda do ano 2011 dos membros da mesma familia  que teñan ingresos e sumar os recadros 455 + 465. O que dea esa suma divídese polo número de membros da Unidade Familiar, resultando o importe solicitado.

UNIDADE FAMILIAR:  Componse dos pais ou titores e todos os fillos menores de  idade, fillos solteiros menores de 25 anos que viven na mesma casa e non estean emancipados  e tamén maiores de idade con discapacidade.

A CONTÍA DAS AXUDAS é a seguinte:

Para Familias Monoparentais: 

-Con renda per cápita ata 6.000 € , percibirán 170 €. 

-Con renda.  de 6.001€ ata 9.000 € , percibirán  90 €

Para resto das familias: 

-Con renda per cápita ata 5.400 € ,  percibirán   170 €

-Con renda  de 5.401 € ata 9.000 € , percibirán   90 €.

Distribuir contido