RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

 

   Hoxe publicouse o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil e educación primaria para o curso académico 2020/21.

 

   Segundo este acordo o novo prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado de que aqueles alumnos/as que aínda non o fixeran será do día 11 ao 18 de maio de 2020.

 

    Para este trámite poderán dirixirse ao noso centro educativo durante o prazo establecido en  horario de mañá.