Taboleiro

POR UN COLE O MÁIS SEGURO POSIBLE... (16/09/2020)

   Pais, nais, titores, mestres, alumnado... tod@s estabamos nerviosos por este principio de curso tan atípico pero desde o centro puxemos en marcha todas as medidas de prevención e hixiene indicadas pola Consellería de Educación e pola Consellería de Sanidade no protocolo derivado da situación sanitaria COVID: filas con distancia de seguridade, frechas de sinalización, distancia entre pupitres, felpudos desinfectantes... en fin! Todo o que estaba nas nosas mans!

  Ata Lectuvín, a mascota da biblioteca, se uniu ás recomendacións do protocolo para recordarlle ao alumnado as normas básicas (grazas Elías por esta colaboración!)

 

    Ademais recibimos tres doazóns que nos axudaron neste labor:

- O Concello de Sober contribuíu cun lote de 3 máscaras de tea reutilizables e personalizadas co nome de todo o alumnado, dos mestres e do persoal non docente. Este lote de máscaras viña acompañado dun portamáscaras personalizado.

- A ANPA fixo entrega dun lote de máscaras dun só uso para ter de reposto no centro e dunha bolsa de tea portamáscaras reutilizable e personalizada co nome de todo o alumnado que é utilizada pol@s nos@s alumn@s durante o comedor escolar. 

 

  - A empresa soberina Pulviplass Ibérica entregounos un lote de material hixiénico - sanitario para a aula de illamento anticovid: pantallas, máscaras, xel hidroalcólico, desinfectante...

DESDE  O  CENTRO  QUEREMOS  DARLLE  AS  GRAZAS

A  ESTAS  TRES  ENTIDADES  POLA  SÚA COLABORACIÓN!!

 

COMEZO DAS CLASES

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2020 / 2021

lápiz animado

    Estamos ante o inicio dun novo curso que será moi diferente xa desde o primeiro momento pois non todo o alumnado voltará ás aulas o mesmo día. Recordámosvos que cursos teñen que comezar cada día:

- DÍA 10: 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de Primaria

- DÍA 11: sumaranse os cursos restantes: 6º de Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

 

    Recordámosvos tamén o cambio de portas de acceso ao centro:

- ALUMNADO DE INFANTIL: porta traseira do patio escolar. No caso de que veñan cun acompañante deberán permanecer baixo a pérgola con máscara e gardando as medidas de seguridade.

- ALUMNADO  DE  PRIMARIA: porta lateral dos autobuses con máscara e gardando a distancia de seguridade. Non se permite a entrada a ningún acompañante de Primaria dentro do patio.

 

 

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde

o primeiro momento e a xornada desenvolverase no horario habitual (9:45 - 15:45)

aínda que con novos protocolos e procedementos que tod@s temos que cumprir:

 Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos,

con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

REUNIÓNS COLECTIVAS PAIS, NAIS OU TITORES

      Como sabedes a realidade que estamos a vivir derivada da situación sanitaria COVID, afecta ao colexio reflectíndose en novos protocolos  con medidas de prevención e hixiene que debemos acatar segundo indicación da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade.

 

        Por iso queremos ter con vós unha reunión previa ao comezo das clases o luns día 7 de setembro na que comunicarvos este protocolo para que entre todos poidamos respectalo o máximo posible e facer do noso colexio un centro seguro.

 

       As reunións faranse no seguinte horario:

- INFANTIL: 15:45 NAS AULAS  DE  INFANTIL  DO  PROPIO  CENTRO

- PRIMARIA: 17:45 NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE SOBER

 

     Pregámosvos que asistades un representante por familia para non ter problemas de aforo e poder respectar as medidas sanitarias establecidas (uso de máscara, desinfección con xel á entrada, distancia interpersoal...)

 

     É  IMPORTANTE  QUE  FAGADES  UN  ESFORZO  POR  ASISTIR  XA QUE  A  SAÚDE  DE  TODA  A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  PODE  VERSE  PERXUDICADA  SÓ  CON  QUE  UNHA  PERSOA  INCUMPLA  O  PROTOCOLO  ESTABLECIDO.

 

 

TODO VAI SAÍR BEN #todovaisaírben (20/01/2020)

Nesta entrada queremos recopilar os vosos arcos da vella para animarnos porque...
 
 
TODO  VAI  SAÍR  BEN!!
 

 

 

 

BENVIDOS!!

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2018 / 2019

 

lápiz animado

 

O 11 de setembro no horario habitual (9:45 - 15:45);

 

comeza o novo curso escolar para Ed. Infantil e Primaria.

 

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde

o primeiro momento para todo o alumnado.

 

 

Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo o verán, con entusiasmo

 

e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

 

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

 

 

RADIOS ESCOLARES, MUCHO MÁS QUE UN MEDIO (24/12/2018)

   O xornal ABC publicou o artigo Radios Escolares, mucho más que un medio o día 24 de decembro.
 
ABC, 24/12/2018
 
    Neste artigo falan sobre o proxecto Radio na biblio que se está desenvolvendo en 50 centros educativos de Galicia e recollen as impresións de varios mestres de centros que participamos no proxecto: Beatriz Otero do CEIP Enrique Barreiro de Cambados,Dolores Sánchez do CPI Manuel Suárez de O Rosal e Flora Grande do noso centro.
 
 

DÍA DA BIBLIOTECA na prensa

   Mirade a noticia que adica hoxe El Progreso á nosa celebración do día da biblioteca,
 unha noticia que non pasa desapercibida porque ocupa media páxina!!
 
El Progreso, 25 - 10 - 2018
 

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS (29/5/2018)

     SOMOS UNHA
    BIBLIOTECA    ESCOLAR    SOLIDARIA!! 
    No portal Educativo publicouse a Resolución de 29 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven dúas das accións integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2017/2018: Voluntariado de lectura-A (primaria) e o Selo "Biblitoeca Escolar Solidaria".
 
 
    Na resolución concédesenos este selo a cinco bibliotecas galegas: tres por renovación e dúas que o recibimos por primeira vez. Este selo ten un valor de recoñecemento que se acompaña dun diploma acreditativo e dunha asignación económica para organizar actividades na biblioteca que faciliten a atención á diversidade e avances na configuración dunha biblioteca inclusiva.
 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1105
 
     Para optar a este Selo que é un distintivo de calidade que se outorga ás bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades entre os distintios integrantes da comunidade educativa e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar; a convocatoria establece tres requisitos:
 
- Propiciar valores de xustiza e solidariedade procurando de forma destacada a compensación de desigualdades e favorecer o uso dos seus recursos e oportunidades.
 
- Contar cun equipo de colaboradores formado por alumnado do centro: alumnado voluntario.
 
- Contar con familias que colaboran na xestión e dinamización da biblioteca escolar: actividades concretas de apoio á biblioteca e de lectura compartida.
 
 
    Por iso, todo o Equipo de Biblioteca e eu, persoalmente como responsable do mesmo, QUEREMOS  COMPARTIR  ESTE  RECOÑECEMENTO  COS  NOSOS  ALUMNOS  E  ALUMNAS  E  CON TODAS  AS  FAMILIAS  QUE  NOS  APOIADES E  NOS  AXUDADES.
 
    ESTE  SELO  É  POSIBLE  GRAZAS  AO  TRABALLO SOLIDARIO  DE  TODOS
 
NORABOA!!

DÍA DE NEVE NO COLEXIO (28-02-2018)

Aínda que facía un pouco de frío, o noso alumnado puido disfrutar da neve un ratiño no recreo;

pero non moito, que non quixemos que se arrefriaran.

Foi unha experiencia moi divertida e novidosa xa que os nenos e nenas poucas veces poden xogar entre eles coa neve.

Se queredes ver as imaxes deste tempo de lecer, seguide o enlace  GALERÍA  DE  IMAXES

RADIO NA BIBLIO: RESEÑA DE PRENSA (30/11/2017)

    Os xornais da nosa comarca fixéronse eco da resolución do Proxecto Radio na Biblio na que o noso centro xunto co de A Pobra do Brollón foron seleccionados para a posta en marcha dunha Radio Escolar.
Distribuir contido