POR UN COLE O MÁIS SEGURO POSIBLE... (16/09/2020)

   Pais, nais, titores, mestres, alumnado... tod@s estabamos nerviosos por este principio de curso tan atípico pero desde o centro puxemos en marcha todas as medidas de prevención e hixiene indicadas pola Consellería de Educación e pola Consellería de Sanidade no protocolo derivado da situación sanitaria COVID: filas con distancia de seguridade, frechas de sinalización, distancia entre pupitres, felpudos desinfectantes... en fin! Todo o que estaba nas nosas mans!

  Ata Lectuvín, a mascota da biblioteca, se uniu ás recomendacións do protocolo para recordarlle ao alumnado as normas básicas (grazas Elías por esta colaboración!)

 

    Ademais recibimos tres doazóns que nos axudaron neste labor:

- O Concello de Sober contribuíu cun lote de 3 máscaras de tea reutilizables e personalizadas co nome de todo o alumnado, dos mestres e do persoal non docente. Este lote de máscaras viña acompañado dun portamáscaras personalizado.

- A ANPA fixo entrega dun lote de máscaras dun só uso para ter de reposto no centro e dunha bolsa de tea portamáscaras reutilizable e personalizada co nome de todo o alumnado que é utilizada pol@s nos@s alumn@s durante o comedor escolar. 

 

  - A empresa soberina Pulviplass Ibérica entregounos un lote de material hixiénico - sanitario para a aula de illamento anticovid: pantallas, máscaras, xel hidroalcólico, desinfectante...

DESDE  O  CENTRO  QUEREMOS  DARLLE  AS  GRAZAS

A  ESTAS  TRES  ENTIDADES  POLA  SÚA COLABORACIÓN!!