Equipo DLG

VISITA Á XUNTA E AO PARLAMENTO DE GALICIA.

 O venres 13, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha mañá moi interesante! Visitaron a Xunta e o Parlamento de Galicia,

Ademais de ver as instalacións, puideron ser deputados por uns minutos e facer as súas proposicións de lei: máis tempo de recreo,

cambiar o son do timbre de entrada por música,..

 

          

Álbum: Sen categoría -> Visita Xunta e Parlamento de Galicia

CHEGOU O NADAL!!!

QUE PRONTO SE NOS PASOU O TRIMESTRE! E CO REMATE DO TRIMESTRE CHEGA O NADAL!

E NO COLE NO NADAL... UN MONTÓN DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES!

- CONCURSO POSTAL NADAL POR CLASES, A GAÑADORA É ENVIADA A TODAS AS FAMILIAS. ESTE CURSO FOI O GRUPO DE 5 ANOS A. PARABÉNS!

-CONTACONTOS PARA INFANTIL, 1º E 2º, A XANELA DO MAXÍN "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO"

-VISITA DE ALUMNADO DE 6º (Club de teatro) Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA onde interpretan unha obra de teatro e cantan e bailan unhas panxoliñas. FERMOSO E EMOTIVO!

 

-DÍA GRANDE, 22 DE DECEMBRO

MELGASAR (ANPA)

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR"

FESTIVAL DO ALUMNADO con TEATRO, polos grupos de 3º e 6º (Club de teatro), POEMA E REPRESENTACIÓN de "Festa do Bosque" de Xabier Díaz dos grupos de 2º, BAILE "Jingle bells rock" alumnado de Let´s sing a song de 4º, CANTO E BAILE "Cantiga do apalpador" de 6º, CANCIÓN INSTRUMENTAL de alumnado de música de 5º e 6º, TEMAS AO TECLADO de Adrián de 5º, PANXOLIÑA en francés de 6º e CANTO DE NADAL de Mariah Carey por Alicia de 6º (Let´s sing a song).

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DECEMBRO 22

 FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS POR CICLOS.

POSTAIS DE NADAL

 Como todos os anos convocamos o concurso de postais de Nadal, este ano pedimos que incluíran,  na imaxe ou debuxo, algún elemento do tempo

metereolóxico e que  empregaran materiais reutilizados. Foi moi difícil escoller a premiada porque todas elas eran moi bonitas e creativas. A ganadora foi enviada

ás familias para felicitar o Nadal.

 

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como todos os anos convocamos o noso concurso de postais de Nadal, foron moitas as presentadas, e foi moi difícil escoller a ganadora, que será enviadas as

familias para felicitar o Nadal.

 

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal

VISITA Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA

 

Hoxe foi un día moi emotivo para o club de teatro de 6º, porque puidemos compartir as nosas actividades cos usuarios da Residencia de Porto Avieira.

Representamos unha obriña de teatro, cantamos e bailamos unhas panxoliñas.

Tratáronos moi ben e pasámolo de marabilla. Fixéronnos un agasallo moi doce e nós correspondémoslles cunhas postais de Nadal.

Agradecerlle á Dirección e personal do Centro a boa acollida que nos deron. Foi unha experiencia para repetir!

                        

 

   

 

 

                    

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO  MICRORRELATOS DO SAMAÍN DO CONCELLO DE OROSO.

O luns, 19 de decembro, a Concelleira de  Dinamización lingüística achegouse ao noso centro para entregar os premios as ganadoras do concurso de microrrelatos de Samaín. As premiadas foron Sara Pérez de 6º C por "A fogueira da cabaza" e Claudia Dono de 3º C por "Festexando o Samaín". Moitas grazas ao Concello de Oroso por fomentar o uso da nosa lingua.  Parabéns a todos os participantes e sobre todo  as dúas premiadas !

                                 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA, GRUPO B

 

Este mércores comezou o club de lectura do grupo B. Gustoulles o libro que imos ler e comentar Pan con chocolate, tamén gozamos de merendiña e escollemos

nome para o club "Furacán de creatividade". Comentamos o primeiro capítulo e propuxemos tarefas para a próxima reunión.