Hoxe foi un día moi emotivo para o club de teatro de 6º, porque puidemos compartir as nosas actividades cos usuarios da Residencia de Porto Avieira.
Representamos unha obriña de teatro, cantamos e bailamos unhas panxoliñas.
Tratáronos moi ben e pasámolo de marabilla. Fixéronnos un agasallo moi doce e nós correspondémoslles cunhas postais de Nadal.
Agradecerlle á Dirección e personal do Centro a boa acollida que nos deron. Foi unha experiencia para repetir!