Equipo DLG

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA, GRUPO 1

Hoxe tivemos de novo reunión, do grupo 1, do club de lectura.  Xa temos mural para poñer o nome do noso club, e os traballos que imos

facendo. O último día propuxémonos investigar sobre mulleres que tiveron que vestirse de homes para facer o que querían: traballar,

escribir ou estudar, saíron moitos exemplos. Despois lemos o capítulo de "A Befana e a escola" e para rematar fixemos exemplos de

binomios fantásticos. 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS

 

Hoxe,  Iria e Carmela quixeron  compartir a lectura de Avós no recreo da biblioteca cos seus compañeiros. O xoves teremos nova lectura.

 Esperámosvos!

  

RECOMÉNDOCHE LER

 

Carmela fainos unha recomendación lectora para estes días de frío.

       

VISITA Á XUNTA E AO PARLAMENTO DE GALICIA.

 O venres 13, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unha mañá moi interesante! Visitaron a Xunta e o Parlamento de Galicia,

Ademais de ver as instalacións, puideron ser deputados por uns minutos e facer as súas proposicións de lei: máis tempo de recreo,

cambiar o son do timbre de entrada por música,..

 

          

Álbum: Sen categoría -> Visita Xunta e Parlamento de Galicia

CHEGOU O NADAL!!!

QUE PRONTO SE NOS PASOU O TRIMESTRE! E CO REMATE DO TRIMESTRE CHEGA O NADAL!

E NO COLE NO NADAL... UN MONTÓN DE DIVERTIDAS ACTIVIDADES!

- CONCURSO POSTAL NADAL POR CLASES, A GAÑADORA É ENVIADA A TODAS AS FAMILIAS. ESTE CURSO FOI O GRUPO DE 5 ANOS A. PARABÉNS!

-CONTACONTOS PARA INFANTIL, 1º E 2º, A XANELA DO MAXÍN "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO"

-VISITA DE ALUMNADO DE 6º (Club de teatro) Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA onde interpretan unha obra de teatro e cantan e bailan unhas panxoliñas. FERMOSO E EMOTIVO!

 

-DÍA GRANDE, 22 DE DECEMBRO

MELGASAR (ANPA)

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR"

FESTIVAL DO ALUMNADO con TEATRO, polos grupos de 3º e 6º (Club de teatro), POEMA E REPRESENTACIÓN de "Festa do Bosque" de Xabier Díaz dos grupos de 2º, BAILE "Jingle bells rock" alumnado de Let´s sing a song de 4º, CANTO E BAILE "Cantiga do apalpador" de 6º, CANCIÓN INSTRUMENTAL de alumnado de música de 5º e 6º, TEMAS AO TECLADO de Adrián de 5º, PANXOLIÑA en francés de 6º e CANTO DE NADAL de Mariah Carey por Alicia de 6º (Let´s sing a song).

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DECEMBRO 22

 FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS POR CICLOS.

POSTAIS DE NADAL

 Como todos os anos convocamos o concurso de postais de Nadal, este ano pedimos que incluíran,  na imaxe ou debuxo, algún elemento do tempo

metereolóxico e que  empregaran materiais reutilizados. Foi moi difícil escoller a premiada porque todas elas eran moi bonitas e creativas. A ganadora foi enviada

ás familias para felicitar o Nadal.

 

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como todos os anos convocamos o noso concurso de postais de Nadal, foron moitas as presentadas, e foi moi difícil escoller a ganadora, que será enviadas as

familias para felicitar o Nadal.

 

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Álbum: Sen categoría -> Postais de Nadal