Equipo DLG
MURAL DO ENTROIDO
Como podedes ver no noso mural do Entroido "Un cambio polo clima" temos moita biodiversidade: abellas, mar, horta, cabalos e paxaros.
Lembrámosvos que o mandado deste luns é:
O inverno xa chegou
e coma choqueiros ben abrigados
con roupa doutros e mal combinados.
Roupa pola casa buscarás
e toda ela reutilizarás.
4º SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
Hoxe no club de lectura comentamos a escena 5 "Pan e cebola", lemos os binomios fantásticos que inventaran nas súas casas, que de verdade eran fantásticos, xa que estes rapaces e rapazas teñen moita imaxinación e creatividade. Rematamos colocandos no noso mural do club.
TENDAL DE PALABRAS POLA PAZ
Este é o vídeo do Tendal do Día da Paz, nel todos os grupos colaboramos escribindo as nosas palabras para a Paz, palabras que non só debían estar presentes un día ao ano se non todos os días.
PREPARANDO O ENTROIDO
Xa chega o Entroido e o Meco deixounos os seu mandados, comezamos o luns 13 de febreiro.
Eu son o rei do Entroido, Mércores
Meco danme en chamar. Para rematar
Obedece as miñas ordes o verán terás que anticipar,
se ben o queres pasar. con gafas e gorro
ao cole deberás chegar.
Eu ordeno e mando
que estes mandados Xoves
sexan encadenados Podes vir pintado
e como ti queiras disfrazado
Luns
Venres
O inverno xa chegou
e coma choqueiros ben abrigados Xa chegou o gran día
con roupa doutros e mal combinados. do mundo coidar!
Roupa pola casa buscarás Abellas, froitas, verduras, cabazas, paxaros,
e toda ela reutilizarás. cabalos, peixes e algas
polas rúas veredes pasar
Martes para do ENTROIDO facervos gozar.
A primavera vai chegar
e para as abellas coidar,
na túa cara flores
terás que pintar.
DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e comezamos a mañá coa actuación do grupo de teatro de 2ºA, que representou A pelexa das cores. Despois o alumnado de 3ºA interpretou a canción Que canten los niños e para rematar Alicia fíxonos gozar con Imagine de John Lennon.
LECTURAS COMPARTIDAS
Comezamos a mañá cunha sorpresa: os nenos e nenas de 2º estaban na biblioteca esperando aos de 6º para contarlles uns contos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »