Equipo DLG

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA, GRUPO B

 

Este mércores comezou o club de lectura do grupo B. Gustoulles o libro que imos ler e comentar Pan con chocolate, tamén gozamos de merendiña e escollemos

nome para o club "Furacán de creatividade". Comentamos o primeiro capítulo e propuxemos tarefas para a próxima reunión.

 

 

COMEZA O CLUB DE LECTURA

 

Hoxe,  no recreo,  comezamos o Club de lectura para sexto, primeiro presentamos o libro escollido   Pan con chocolate de Paula Carballeira. Despois

distribuimos grupos, días de reunión, escollemos nome para o club e empezamos a ler o primeiro capítulo. Para rematar marcamos ata onde imos ler para

comentar na próxima reunión e como o di o título merendamos unha barriñas de chocolate. Todo moi doce!

TEATRO HISTORIA DE PEPE E PEPA

   Hoxe, o grupo de teatro de 6º fíxonos reflexionar sobre a Violencia de Xénero, cunha adaptación da Historia de Pepe e Pepa. Así, partindo de 

    imaxinarias situacións de parella abordáronse  cuestións como: a confianza, os celos, o control, a liberdade...E para rematar cantaron

   "Eu só quero bailar". Deixámosvos  unhas imaxes da representación e un vídeo da canción.

                        

                                                                                                                                                         

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

Xa están listas e en marcha as mochilas viaxeiras, comezamos unha nova viaxe de aventuras a través de libros, revistas,...

Esta semana, dentro das actividades de fomento e dinamización da biblioteca do centro, cada aula levou para a súa casa unha mochila cunha recompilación de

materiais gráficos e audiovisuais para gozar, xunto coa súa familia.

 

   

 

ESTACIÓN METEREOLÓXICA

 

Este curso participamos no proxecto Meteoescolas e xa temos instalada a estación metereolóxica, grazas ao traballo do noso conserxe Fran e de Ronald, o meste de PROA.

  Agora comezamos o traballo diario de recoller os datos de temperatura e precipitacións, facer gráficas e climogramas. Ver como vai cambiando o tempo dunha estación a

  outra...   Xa vos iremos contando. De mostra este vídeo.

 

 

 

A Incubadora de Lois

Nas aulas do 3º ciclo de Educación Primaria temos claro que, como expón Edgar Dale na súa pirámide da aprendizaxe, aprendemos só un 5% do que nos din pero, pola contra retemos un 90% do que dicimos e facemos. 

Esta é unha das máximas que orientan as metodoloxías activas que empregamos no noso día na aula, xa que temos claro que a verdadeira aprendizaxe é aquela que nos obriga a activar tódolos nosos coñecementos e habilidades para dar resposta as cuestións cotiás.

Neste facer diario xorden iniciativas e proxectos tan interesantes e cargados de esforzo que nos gustaría compartir con todos vós.

Comezamos con "A Incubadora de LOIS", un alumno que, coa axuda do seu pai, construiu unha incubadora que montou na aula e que con traballo, coidado e algo de paciencia acabou aumentando a "ratio" da aula cunha ducia de pitiños.

Deixámosvos aqui o 1º vídeo do diario do proxecto que o propio alumnado gravou e editou. Si queredes ver o resto, están dispoñibles no enlace da nosa canle de Youtube.

Sabemos que non podedes gozar tanto véndoos como nós vivíndo o proceso, pero esperamos que vos gusten.

 

 

 

COMEZA O COMO SE DI?

  Comezamos o Como se di? E aquí, neste vídeo, tedes unha axudiña para contestalo.

 

               

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este venres 28 de outubro celebramos a festa do magosto. A xornada comezou coa degustación de castañas asadas que nos preparou o castañeiro Bieito. Os primeiros en probalas foron os nenos e nenas de infantil e despois pasaron o resto de grupos de Primaria. Mentres uns comían castañas, outros participaban nos xogos tradicionais organizados no pavillón.

Na mesma xornada tivo lugar a entrega de premios do concurso de Samaín. O alumnado premiado  polas mellores cabazas, contos  e decoración de portas, foi agasallado cun conto.

                                                                                         

 

                                   

                                                                                

                                                

                    

           

           Parabéns para todos os que participaron e para os premiados/as!