Equipo DLG

1ª SESIÓN DE CONTOS DE TREBOADA.

COMEZA A SEMANA DO SAMAÍN COA LECTURA DE CONTOS  DE TREBOADA. HOXE TIVEMOS A PRIMEIRA SESIÓN PARA 1º E 2º.

 

         

COMPARTIMOS LECTURAS

Sempre é bonito compartir, e máis se é un libro. Hoxe comezou o proxecto "lecturas compartidas" na biblioteca, será os martes e xoves no recreo. O alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria leralles contos aos seus compañeiros de 1º,2º,3º e infantil. 

  

PREMIOS: "ESCRÍBE UNHA CARTA A..."

No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta a...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela foi Walter de Gray, arcebispo de York, que pasou por Oroso camiño de Santiago no ano 1222, é dicir, hai 800 anos. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lía Cruz Moreiro exalumna de 5º B  e o 2º premio recaeu en Carmela Pérez Vilar de 6º C. Parabéns para as dúas!!!
  
  
  

E CHEGOU O FIN DE CURSO

Que rápido pasou o curso! Estamos de festa, comezan as vacacións! E para celebralo, unha fantástica actuación dos MONIFATES no salón de actos do colexio...

  

... unha pequena exhibición de quad freestyle a cargo da profesora substituta de inglés Sara

 

Pero aínda non remata aí, despois a bailar cun DJ de La Gramola!

 

A disfrutar das vacacións! Bo verán!

 

NOVAS HISTORIAS DE VERO RILO

Hoxe volveu ao noso centro Vero Rilo, esta vez acompañada de Sonsoles Penadique. De infantil a primaria gozaron cos contos de tradición oral e sobre todo de moita música popular. 

 

 Sempre quedamos con ganas de escoitar máis.

 Ata pronto!

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS E MAIOS

Este venres 20 celebramos as Letras Galegas e os maios no noso cole.

Empezamos cunha obra de teatro "Restaurante Farruco" interpretada polos rapaces e rapazas de 6º A, compartimos con vós un pequeno vídeo da actuación.

 

 Unha foto dos actores e actrices.

 Ao mesmo tempo o alumnado de 5 anos infantil e 4º de primaria participaba nun obradoiro de olería de Buño

Para acabar esta xornada festiva, cantamos ao redor do maio, entregamos o premio do concurso das Letras Galegas, e gozamos das marabillosas actuacións do noso alumnado, entre elas o baile por parte dun grupo de 5º de "A Pandeirada" de Florencio Delgado Gurriarán.

REGUEIFANDO

Por segundo ano participamos no ENREGUEIFATE de CORRELINGUA, foi unha experiencia enriquecedora e divertida. 

Deixámosvos dous videos, un coa nosa regueifa e outro que recolle a regueifa colectiva. E unhas fotos, dos dous grupos de 6º, coa mochila agasallo de Correlingua.

Inmunízate co galego!

Grazas Correlingua!

 

  

 

EDUEMPRENDE "Grand Prix Financeiro"

Estes días o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria estivo participando na actividade "Grand Prix" de educación financeira de Afundación, obra social Abanca, dentro do Programa da Consellería EDUEMPRENDE. Un dos obxectivos deste programa é desenvolver o espírito emprendedor dos nosos rapaces e rapazas. Dúas monitoras estiveron durante tres días no colexio levando a cabo diversas actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e á importancia do aforro na vida.